DOMÍNGUEZ PARTICIPA NUN ENCONTRO COS ORGANIZADORES DO CARRASCAL ROCK EN ZAMÁNS

O acto enmárcase na precampaña que está a realizar o BNG de Vigo polas distintos barrios e parroquias da cidade . O candidato á alcaldía de Vigo, Santi Domínguez, participou esta tarde nunha reunión na parroquia de Zamáns cun grupo de mozos e mozas que organizan cada ano nesta parroquia limítrofe con Mos o festival Carrascal Rock. A esta reunión tamén asistiron María Méndez, concelleira de Benestar e número 4 da lista e Manuel Caride, candidato número 6. O acto tiña como obxectivo “escoitar as demandas da mocidade, especialmente daqueles mozos e mozas máis involucrados nas actividades culturais e sociais”. Así mesmo, esta reunión, segundo afirmou Santi Domínguez, pretendía tamén expoñer aos participantes as ideas do BNG sobre emprego, cultura e outras cuestións relacionadas coa política xuvenil. Os nacionalistas mantiveron até o de agora encontros con afiliados e simpatizantes en diversos barrios e parroquias da cidade, como Teis, Coia, Bembrive, Sárdoma, Bouzas, Alcabre ou Comesaña, este último o pasado luns 21. A participación está a ser notable, e segundo afirma Santi Domínguez, “a xente está preocupada pola crise, pero tamén ilusionada co proxecto que representa o BNG e o compromiso con Vigo demostrado até o de agora”.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: