ECONOMÍA E INDUSTRIA MOBILIZOU MÁIS DE 330 MILLÓNS DE EUROS EN AXUDAS E SUBVENCIÓNS EN 2010

  • A Consellería de Economía e Industria mobilizou o 100% do seu orzamento executable a finais do ano  
  • O departamento que dirixe Javier Guerra levaba executado un 10% máis do seu orzamento en setembro de 2010 que o anterior executivo nos anos 2008 e 2007
  • A propia dinámica subvencionadora da Consellería de Economía e Industria, que representa máis do 80% dos seus orzamentos, fai que os pagamentos correspondentes ás axudas e subvencións concéntrense a finais de ano

 A Consellería de Economía e Industria mobilizou o 100% de seu orzamento executable de 2010 a finais dese mesmo ano, destinando máis de 330 millóns de euros ás diferentes axudas e subvencións que corresponden a este departamento da Xunta de Galicia. A Consellería de Economía e Industria que dirixe Javier Guerra quere salientar que en setembro de 2010 levaba executado un 10% máis dos seus orzamentos que  o acadado polo anterior executivo nas mesmas datas de 2008 e 2007. A propia dinámica subvencionadora da Consellería de Economía e Industria, que representa máis do 80% dos seus orzamentos, fai que os pagos correspondentes ás axudas e subvencións deste departamento da Xunta de Galicia concéntrense a finais de ano, posto que as axudas levan aparelladas un proceso administrativo de varias etapas. Deste xeito, a execución das subvencións e das axudas conleva a tramitación da orde de apoios, a publicación da convocatoria de axudas, o estudo das solictudes, a posterior resolución de adxudicación e a necesaria xustificación dos beneficiarios para proceder aos pagamentos.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: