A DEPUTACIÓN INVESTIRÁ 258.142 EUROS EN REDONDELA, FORNELOS, SOUTOMAIOR E PAZOS PARA MELLORAR INFRAESTRUTURAS E SERVIZOS
O investimento enmárcase dentro do Plan Provincial de Cooperación que permitirá mellorar o saneamento, o abastecemento de augas ou pavimentar rúas e accesos A Deputación de Pontevedra investirá máis de 258.000 euros nos concellos de Redondela, Fornelos, Soutomaior e Pazos de Borbén. As obras corresponden ó Plan Provincial de Cooperación (PPC), que foi aprobado o venres polo Pleno da Corporación Provincial, e están encamiñadas a mellorar servizos públicos e infraestruturas. En tódolos concellos _excepto Pontevedra e Vigo, que teñen un plan de cooperación específico_ a Deputación investirá máis de 5,5 millóns de euros
No concello de Redondela a Deputación investirá 101.616 euros na pavimentación do camiño municipal que vai entre o Colexio de Porto Cabeiro e o cemiterio de Cabeiro. En Fornelos de Montes acometerase a mellora dos accesos aos núcleos de poboación e do alumeado de Rial, Couñago, Airoa, Cimadevila, Ventín e Fornelos. Nesta actuación o ente provincial investirá 56.409 euros. En Soutomaior realizaranse obras de saneamento nas parroquias do Cubillón, Arcade e Soutomaior por un importe superior aos 50.400 euros. Por último, en Pazos de Borbén realizaranse obras de mellora do saneamento en Amoedo e Pazos cunha inversión de 49.661 euros..- Plan Provincial de Cooperación:.-Con cargo ao Plan Provincial de Cooperación a Deputaicón investirá máis de 5,55 millóns de euros. Os cartos destínanse a mellorar servizos e infraestruturas nos concellos e estradas e camiños de competencia provincial. O Plan ten un triplo financiamento xa que achegan fondos a Deputación (30%), o Estado (40%) e os Concellos (30%). O PPC ten como obxectivo reducir os déficits de servizos existentes nos concellos, mellorar o estado de conservación da rede viaria de titularidade provincial e xerar postos de emprego en empresas locais, algo moi importante nun momento de crise económica como o que vive o país. Son obxectivos directos deste plan desenvolver actuacións en materia de alumeado público, mellora de pavimentos, abastecemento de augas, prevención e extinción de incendios, saneamentos, accesos ou ensanches de rúas. Os criterios de reparto do PPC foron acordados por tódolos grupos da Corporación Provincial, de xeito que a súa cuantía total distribúese dacordo ó 50% según poboación e territorio.
CONCELLO | OBRA | TOTAL |
FORNELOS | ACCESOS A NÚCLEOS Y ALUMBRADO PÚBLICO EN RIAL,COUÑAGO,AIROA,CIMADEVILA,VENTÍN A FORNELOS | 56.409,36 |
PAZOS DE BORBÉN | SANEAMENTO EN AMOEDO E PAZOS | 49.661,07 |
REDONDELA | PAVIMENTACIÓN CAMIÑO MUNICIPAL COLEXIO PORTO CABEIRO-CEMITERIO DE CABEIRO (CABEIRO) | 101.616,60 |
SOUTOMAIOR | SANEAMENTO EN CUBILLÓN – ARCADE – SOUTOMAIOR | 50.455,60 |
258.142,63 |