Á venda os abonos para a segunda parte da tempada de música clásica en Vigo

A Orquestra Filharmónica de Moscova abrirá o programa o 1 de abril
 . Novacaixagalicia inicia o vindeiro xoves, día 3 de marzo, a venda dos aboamentos para a segunda parte da tempada de música clásica en Vigo, que inclúe tres concertos da máis alta calidade a cargo dalgunhas das orquestras nacionais e internacionais de maior prestixio.
 A Orquestra Filharmónica de Moscova abrirá a tempada o día 1 de abril, ás 20.30 horas. A continuación, o día 15 do mesmo mes, á mesma hora, o Centro Cultural Novacaixagalicia vai recibir a Real Filharmonía de Galicia. A Stuttgarter Kammerorchester ha pór fin á tempada de abono o 23 de maio, ás 20.30 horas. Os interesados en adquirir os abonos poden facelo ata o xoves 10 de marzo a través das canles de venda habituais: www.servinova.com e do despacho de billetes telefónico 902 504 500. O prezo para as localidades no patio de butacas será de 58,50 euros; no anfiteatro 1º: 53,10 euros, en anfiteatro 2º: 47,70 euros e en anfiteatro 3º: 39,60 euros. A compra da tempada de abono supón un desconto do 10% respecto ao prezo individual de cada función.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: