A XUNTA ACHEGA ÁS EMPRESAS E Á CIDADE DE VIGO AS OPORTUNIDADES DE DESENVOLVEMENTO QUE OFRECE O PORTO

  • A Consellería de Economía e Industria mantén un convenio de colaboración coa Fundación Porto de Vigo, co que subvenciona o 50% das iniciativas postas en marcha ao seu abeiro, até 2012
  • O acordo tamén atende á organización de iniciativas empresariais orientadas a mellorar o aproveitamento dos resultados económicos derivados do turismo de cruceiros
  • Javier Guerra destacou que “a mellor garantía de desenvolvemento para o Porto de Vigo reside na conformación dun tecido industrial e produtivo solvente  tanto na cidade, como na súa área de influencia”
  • O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, e  a presidenta do Padroado da Fundación Porto de Vigo, Corina Porro Martínez, presentaron hoxe un acordo destinado a fomentar o desenvolvemento e achegamento dos servizos e oportunidades loxísticas que o Porto de Vigo ofrece ás empresas, á súa área de influencia e á Cidade.   O conselleiro explicou que “a Consellería de Economía e Industria, a través do  Igape, mantén un convenio de colaboración coa Fundación Porto de Vigo, co que subvenciona o 50% das iniciativas postas en marcha ao seu abeiro, até 2012”. En concreto, este convenio céntrase na organización de eventos de carácter cultural e social no ámbito portuario que contribúan a integrar visións empresariais capaces de achegar o Porto á área socioeconómica á que serve, así como o apoio á organización de iniciativas empresariais orientadas a mellorar o aproveitamento dos resultados económicos derivados do turismo de cruceiros e intensificar a presenza destes turistas na cidade. O acordo tamén atende á organización e coordinación da asistencia a feiras comerciais e congresos que teñan lugar en Vigo, na súa área de influencia e nos campos de actividades económicas das empresas que conforman a comunidade portuaria (sector pesqueiro, de construción e reparación naval, náutico-deportivo e turístico) e incentiva iniciativas de investigación, formación e difusión de estudos ou análises de carácter económico e campañas informativas e formativas. Ademais, o responsable da Consellería de Economía e Industria destacou que “a mellor garantía de desenvolvemento para o Porto de Vigo reside na conformación dun tecido industrial e produtivo solvente  tanto na cidade, como na súa área de influencia.   Guerra, que salientou a importancia da Cidade de Vigo na economía da Comunidade Autónoma de Galicia, fixo un recoñecemento do labor de xestión do Porto de Vigo, que ten pechado 2010 cun balance “moi positivo”, acadando un aumento do 12,81% no tráfico xeral de mercadorías.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: