MAR INVESTIU MÁIS DE 550.000 EUROS NOS PROXECTOS DO GRUPO DE ACCIÓN COSTEIRA DA RÍA DE PONTEVEDRA APROBADOS NO 2010

  • Esta cantidade enmárcase dentro dos 974.000 euros que a Consellería investirá neste bienio 2010-2011 nas accións do GAC na provincia de Pontevedra
  • A Consellería aprobou 4 proxectos, 2 produtivos e 2 non produtivos, encamiñados a diversificar e mellorar as condicións de traballo e a valorización da actividade pesqueira e marisqueira
  • Sanxenxo (Pontevedra), 28 de febreiro de 2011.-  A Consellería do Mar investiu 554.451,29 euros nos proxectos resoltos do GAC 6 da Ría de Pontevedra no 2010 do total dos 974.000 que se investirán neste bienio 2010-2011 nas accións do dos Grupos de Acción Costeira na provincia de Pontevedra. O departamento que dirixe Rosa Quintana aprobou 4 proxectos -2 produtivos e 2 non produtivos- encamiñados a diversificar e mellorar as condicións de traballo e a valorización da actividade pesqueira e marisqueira.  Durante a presentación da xornada de dinamización do GAC 6 A sostibilidade costeira dende o sector turístico, a conselleira do Mar, Rosa Quintana, destacou o labor realizado polo GAC da Ría de Pontevedra como exemplo para Europa de compromiso co mar, coa sociedade mariñeira e co seu futuro. A conselleira felicitou os traballos realizados por este grupo para aportarlle dinamismo ao mar da Ría de Pontevedra e de Galicia. Todo este traballo, segundo dixo, está avalado polos 4 proxectos aprobados por este GAC, que apostan pola diversificación. Un deles desenvólvese en Bueu e está destinado a mellorar a utilización da enerxía a bordo das embarcacións artesanais. En Poio desenvólvese outro que permite avanzar nas condicións de traballo das mariscadoras. Os outros dous proxectos realízanse en Portonovo e orientan os seus obxectivos á difusión da cultura e actividade mariñeira e á recuperación e divulgación do patrimonio marítimo-pesqueiro. Un dos proxectos consiste en organizar itinerarios turísticos pola vila para coñer como se traballa no sector pesqueiro. O outro dos proxectos ten como fin divulgar as artes tradicionais  pesqueiras e realizar accións formativas para dar a coñecer o noso patrimonio mariñeiro.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: