PORTOS DE GALICIA INVESTIRÁ 15,9 MILLÓNS DE EUROS NA AMPLIACIÓN E REORDENACIÓN DO COMPLEXO PORTUARIO O CORGO-MELOXO

O presidente do ente público presentou esta mañá o proxecto de actuación orzamentado en 37 millóns de euros que se financiarán mediante cooperación público privada.-

  • O deseño supón a configuración dunha dársena única en O Corgo, con zonas habilitadas para uso pesqueiro, náutico recreativo, mixto e de pasaxe
  • O porto de Meloxo especializarase na flota bateeira
  • A desaparición parcial do actual dique norte permitirá a creación dun espazo de maior envergadura e versatilidade
  • O abrigo garantirase a través de dous diques flotantes, que melloran a efectividade e supoñen un técnica máis sostenible
  •   O presidente de Portos de Galicia, José Manuel Álvarez-Campana, presentou esta mañá no Grove o proxecto do seu departamento para a ampliación e reordenación do complexo portuario O Corgo-Meloxo, cuxo orzamento ascende a 37 millóns de euros. Esta contía será financiada a través da fórmula de cooperación público-privada, na que o ente público aportará un investimento de 15,9 millóns. A proposta de transformación integral das instalacións portuarias grovenses deixará “firmemente asentado o futuro do porto”, en palabras do presidente do ente público. Para elo plantéxase un traballo conxunto, coordinado e paralelo nos portos do Corgo e Meloxo. No primeiro, darase resposta ás necesidades dos usos pesqueiro, náutico recreativo, e de pasaxe, mentres que Porto Meloxo especializarase para a flota bateeira. Neste último contemplase tamén xa a creación do edificio de servizos náutico deportivos que servirá de sede ao clube local Amegrove. No porto do Corgo, crearase unha gran dársena única mediante a ampliación da actual. Esto será posible grazas á desaparición parcial do dique intermedio, que será reemplazado por un novo dique norte, creando unha ampla lámina de auga que se dividirá en usos pesqueiro, na parte norte; náutico, na cara sur; e mixto na zona intermedia entre ambos. A desaparición parcial do dique intermedio terá vantaxes destacadas para o proxecto. Entre elas permitirá a creación dun espazo máis amplo interconectado e de maior versatilidade. Ademáis suporá unha mellora ambiental dado que o material será reutilizado para a construción do novo dique norte. En canto ao modelo de abrigo, suporá a aplicación da tecnología de inxeñería portuaria máis avanzada, a través da instalación de dous diques flotantes, que garantizarán, ademais, a maior efectividade. Así mesmo darase satisfacción a unha das demandas de maior trascendencia para o global da cidadanía grovense: a inclusión no proxecto dun aparcadoiro con capacidade para un millar de vehículos. Cabe reseñar igualmente a construción dun paseo peatonal ao longo de todo o bordo marítimo que permitirá o acceso á totalidade das instalacións e dará un servizo turístico ao mesmo tempo. Finalmente, polo que respecta aos prazos de execución do proxecto, as primeiras instalacións poderán entrar en servizo nos exercizos 2012 e 2013, mentres que a previsión de Portos é que o global do complexo portuario estea operativo no ano 2015. Neste sentido, o presidente do ente público subliñou que “se trata dun proxecto de envergadura que imos sacar adiante para que o complexo O Corgo-Meloxo sexa o motor do Concello do Grove”.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: