XUVENTUDE INCREMENTA ESTE ANO AS PRAZAS DO PROGRAMA DE TURISMO ACTIVO ‘ROTEIROS’ QUE CHEGARÁ A MÁIS DE 1.600 MOZOS

  • O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, explicou que a oferta aumenta nesta edición en preto de 600 prazas con respecto a 2010
  • As instalacións onde terán lugar as actividades tamén se amplían este ano, polo que a iniciativa da Xunta desenvolverase nas catro provincias galegas
  • O plan, dirixido a mozos e mozas de entre 18 e 35 anos, terá lugar as fins de semana desde o 18 de marzo ata o 19 de xuño
  • Rodeiro explicou que os interesados en anotarse terán que facelo a partir de mañá a través dos números de teléfonos indicados en www.xuventude.net
  • A Xunta incrementou este ano nun 43 por cento a oferta de prazas nos programas de turismo activo
  • O prezo, que inclúe pensión completa e a participación nas actividades, será de 60 euros para os posuidores do carné xove
  • Roteiros para a Xuventude’ ofertará este ano un total de 1.621 prazas. O programa da Consellería de Traballo e Benestar que inclúe diferentes actividades de turismo activo aumentou nesta edición a súa oferta en preto 600 prazas dado o éxito acadado en 2010. Así o explicou hoxe o director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, quen presentou as novidades desta iniciativa.

 

O programa, dirixido a mozos e mozas de entre 18 e 35 anos, desenvolverase as fins de semana desde o 18 de marzo ata o 19 de xuño, agás na Semana Santa. Con respecto ao ano anterior, a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado non só incrementará o número de prazas, senón tamén as instalacións onde terán lugar as diversas actividades que se ofertan, abarcando, deste xeito, as catro provincias galegas.

‘Roteiros para a Xuventude’ ofrecerá, segundo a fin de semana escollido e o lugar, itinerarios de cultura mariñeira, rutas de sendeirismo de dificultade media, actividades náuticas e de multiaventura, así como de interpretación do patrimonio natural, arqueolóxico e etnográfico de Galicia.

“O obxectivo é fomentar entre a mocidade o coidado do medio ambiente ao tempo que poidan gozar da paisaxe e da natureza en distintos contornos privilexiados de Galicia”, indicou Rodeiro.

O prazo de inscrición comezará maña. Os interesados en participar na iniciativa deberán contactar cos números de teléfonos indicados na web www.xuventude.net. A cota de inscrición será de 60 euros para os posuidores do carné xove e de 80 para o resto. O prezo inclúe pensión completa ao longo das dúas noites de pernoctación, a participación nas actividades e o seguro. É importante, segundo destacou Rodeiro, que os participantes se informen do material individual que se precisa para cada programa. Outra das novidades que salientou Rodeiro é que nesta edición se reservarán 432 prazas do total para as Oficinas Municipais de Información Xuvenil (OMIX) co obxectivo de que nelas se poidan efectuar as inscricións correspondentes ás tres fins de semana de abril nos que se ofertarán actividades.

Un 43 por cento máis de prazas

O programa está enmarcado nas diferentes accións que está a poñer en marcha a Xunta para fomentar o turismo activo entre a mocidade durante os meses de inverno e primavera: Xuventur neve, Aula xuventur, Invernízate, Noites Saudables e Xuventur en casas de turismo rural. Ao respecto, o director xeral de Xuventude e Voluntariado destacou que un total de 5.481 mozos e mozas gozarán este ano dun ocio alternativo “asequible e de calidade” durante as fins de semana. “Esta cifra supón aumentar nun 43 por cento a oferta neste tipo de actividades, xa que en 2010 puxemos a disposición da mocidade 3.500 prazas”, incidiu. Ademais, indicou que o incremento na oferta permitirá ter abertas as portas dos albergues públicos fóra da época de verán con programas e actividades de multiaventura. “Este esforzo da Xunta tamén permitirá ás empresas de ocio desestacionalizar a súa oferta máis alá dos meses de verán e, polo tanto, os mozos e mozas que traballan como monitores de tempo libre poderán ter unha continuidade nos seus postos de traballo ao longo do ano”, apuntou. Son preto de 550 os monitores que se contratan durante o ano para desenvolver os diferentes programas de turismo activo. Por provinciia ‘Roteiros para a Xuventude’ terá lugar nesta edición nas catro provincias de Galicia. Na Coruña celebraranse actividades náuticas en Carnota, na Costa da Morte e un paquete de multiaventura en Mazaricos; en Lugo celebrarase un programa ás beiras do Pai Miño e en Terras de Pambre; en Ourense desenvolverase o programa ‘A herdanza romana’ e un de actividades de multiaventura; por último, en Pontevedra realizaranse actividades de multiaventura, de natureza e cultura.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: