SANTI DOMÍNGUEZ ASEGURA QUE OS PROBLEMAS DE NOVA CAIXA GALICIA “SE DERIVAN DO DECRETO DO GOBERNO, NON DA FUSIÓN”

O candidato do BNG asegura que esta organización “sempre mantivo unha postura coherente, fronte a outros que onte dixeron A, hoxe din B e mañá dirán C” O tenente alcalde de Vigo instou a Feijóo a actuar “como presidente dos galegos e non como delegado do PP de Madrid”.

  O candidato á alcaldía de Vigo, Santi Domínguez,  interveu esta tarde nun acto do BNG en defensa do aforro galego que tivo lugar no antigo reitorado da Uvigo, xunto con Guillerme Vázquez, portavoz nacional e Iolanda Veloso, número 2 da candidatura. Sinalou que “as dificultades de Nova Caixa Galicia non se derivan da fusión, senón do decreto do goberno español que aumenta as esixencias para as caixas por riba do que marca a propia Unión Europea”. Así mesmo, indicou que “o BNG sempre mantivo unha postura coherente, fronte a outros que onte dixeron A, hoxe din B e mañá dirán C”. O tenente alcalde de Vigo asegurou que “as caixas sempre serán mellores que os bancos desde un punto de vista progresista, porque fan obra social, e sobre todo, porque non reparten beneficios que van aos petos dos accionistas senón que os reinvisten”. Sinalou que as caixas “son entidades moi competitivas, e por iso a banca privada queira reducir o seu papel na economía, porque lle quitan negocio, como teñen denunciado numerosos economistas críticos”. Lembrou que as “cajas de ahorros y monte de piedad” foron no seu día fundadas como alternativa aos usureiros, “sendo a única opción que  tiñan a xente do común de acceder ao crédito”. No seu discurso repasou a importancia que tivo a antiga CaixaVigo e logo Caixanova para a economía do sur de Galiza e do conxunto do país, mediante o apoio decidido aos sectores industriais, como a pesca ou o naval. Tamén destacou as distintas obras sociais realizadas pola caixa.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: