AVIER GUERRA INSTA AO GOBERNO CENTRAL A ASUMIR DE XEITO PRIORITARIO INAFRAESTRUTURAS GASISTAS E ELÉCTRICAS FUNDAMENTAIS PARA O DESENVOLVEMENTO DE GALICIA

  • O conselleiro de Economía e Industria reclama que se priorice a axilice actuacións que se viron retrasadas e paralizadas polas diferentes decisións tomadas polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo
  • O responsable autonómico instou a “acurtar os prazos para a autorización, construción e posta en operación en 2013 do gasoducto da Mariña Lucense, unha infraestrutura fundamental non só para esta comarca, senón para toda Galicia, e que leva un retraso acumulado de 6 anos”
  • Javier Guerra anunciou que solicitou ao Goberno Central que inclúa e incorpore na nova planificación a duplicación da capacidade de emisión de Reganosa para a súa entrada en funcionamento tamén no ano 2013, ao igual que o gasoducto que conecte Galicia coa Meseta
  • A Xunta puxo sobre a mesa a necesidade de desenvolver nos prazos previstos as infraestruturas de ampliación das redes de transporte de electricidade, “posto que a actual é insuficiente e terá que asumir os incrementos de xeración eléctrica derivados do concurso eólico”

O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, acompañado polo director xeral de Industria, Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, trasladou onte ao Goberno Central a necesidade de que o Estado priorice a axilice as infraestruturas enerxéticas fundamentais para o desenvolvemento socioeconómico de Galicia e que se viron retrasadas e paralizadas polas diferentes decisións tomadas polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo. Así o expuxo hoxe en rolda de prensa, logo do encontro que mantivo en Madrid co secretario de Estado de Enerxía, ao que instou a “acurtar os prazos para a autorización, construción e posta en operación en 2013 do gasoducto da Mariña Lucense, unha infraestrutura fundamental non só para esta comarca, senón para toda Galicia, e que leva un retraso acumulado de 6 anos”. Javier Guerra anunciou, no eido do desenvolvemento gasístico, que instou ao Goberno Central que inclúa e incorpore na nova planificación a duplicación da capacidade de emisión de Reganosa para a súa entrada en funcionamento tamén no ano 2013, ao igual que o gasoducto que conecte Galicia coa Meseta, “porque a posta en operación deste eixo ten que coincidir temporalmente coa entrada en servizo da ampliación da capacidade de regasificación de Reganosa”. Estas actuacións permitirán a Reganosa convertirse na planta de referencia do noroeste peninsular, ampliar a capacidade de transporte e seguridade do sistema, atender a crecente demanda de gas existente en Galicia e reforzar o movemento coa zona norte de Portugal. O conselleiro de Economía e Industria salientou tamén que no transcurso do seu encontro co secretario de Estado de Enerxía puxo sobre a mesa a necesidade de desenvolver nos prazos previstos as infraestruturas de ampliación das redes de transporte de electricidade, “posto que a actual é insuficiente e terá que asumir os incrementos de xeración eléctrica derivados do concurso eólico”.Deste xeito, Javier Guerra cualificou de “imprescindible que infraestruturas como o enlace con Asturias, a transformación a dobre circuíto da actual liña entre Trives e Madrid, a ampliación da subestación de Trives, a nova unidade transformación na subestación de Boimente, a nova subestación de Silleda e anova subestación de Xove estén operativas no periodo comprendido entre 2012 e 2015”.

Biodiésel

Por outra banda, o conselleiro de Economía e Industria instou tamén ao Goberno Central a acelerar o procedemento administrativo para desenvolver a normativa que beneficiaría ás catro plantas galegas de produción de biodiésel para que incrementen a súa capacidade de produción para dar cumprimento a un Real Decreto que fixa o aumento da obligación de biocombustible nos carburantes até un 7%.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: