COMEZA MAÑA O PRAZO PARA OPTAR ÁS AXUDAS DA XUNTA PARA MANTER E CREAR EMPREGO NOS CENTROS ESPECIAIS PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE

  • O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde de subvencións á que a Consellería de Traballo e Benestar destina este ano preto de 11 millóns de euros
  • O departamento autonómico prevé que máis de 2.000 persoas se beneficien desta liña de axudas
  • As entidades beneficiarias poden solicitar o pagamento anticipado do 90 por cento do total da subvención concedida, un 10 por cento máis que o ano pasado
  • A axuda máxima para os proxectos xeradores de emprego de carácter estable para persoas con discapacidade é de 12.000 euros para cada posto de traballo creado con carácter indefinido

 O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar hoxe a orde de axudas da Consellería de Traballo e Benestar para a promoción da integración laboral nos centros especiais para persoas con discapacidade.  Para apoiar a creación e o mantemento do emprego nos centros especiais de emprego -na actualidade hai constituídos 112 centros en Galicia- o Goberno galego destina este ano un investimento de preto de 11 millóns de euros. O departamento autonómico prevé que ao redor de 2.050 cidadáns (persoas con discapacidade e persoal traballador nas unidades de apoio) se beneficien desta liña de axudas. En concreto, os centros especias de emprego sen ánimo de lucro  beneficiarios destas axudas poderán solicitar o pagamento anticipado do 90 por cento do total da subvención concedida, un 10 por cento máis que o ano pasado.   A contía total do orzamento repártese en dous programas diferentes. Por unha banda, a Xunta subvencionará os plans de integración laboral das persoas con discapacidade en centros especiais de emprego, que inclúe axudas para apoiar os proxectos xeradores de emprego de carácter estable para persoas con discapacidade. A subvención máxima é de 12.000 euros para cada posto de traballo creado con carácter indefinido para persoas traballadoras con discapacidade. As axudas para os proxectos de creación ou de ampliación do cadro de persoal dos centros especiais de emprego poderán solicitarase ata o 15 de setembro. Ademais, este programa conta con subvencións para a adaptación dos seus postos de traballo, para o saneamento financeiro dos centros e o seu equilibrio orzamentario, así como os custos salariais polos postos de traballo ocupados por persoas con discapacidade. En concreto, esta axuda pode acadar ata o 75% do salario mínimo interprofesional correspondente a 12 mensualidades e dúas pagas extraordinarias para aquelas persoas cunha discapacidade severa.   Para optar ás subvencións do custo salarial deberá presentarse unha única solicitude antes do 15 de abril. Pola súa banda, a presentación das solicitudes de axudas para adaptación dos postos de traballo finalizará o 15 de setembro, mesma data na que termina o prazo para pedir subvencións para o saneamento financeiro e o equilibrio orzamentario. O segundo dos programas que regula esta normativa é o referido ás unidades de apoio á actividade profesional no marco dos servizos de axuste persoal e social dos centros especiais de emprego. O obxecto do plan é financiar os custos salariais e de Seguridade Social por conta da empresa derivados da contratación indefinida do persoal traballador nas unidades de apoio que acompañan ás persoas con discapacidade na actividade profesional dos centros especiais de emprego. O prazo de presentación de solicitudes do programa de subvencións a estas unidades será dun mes a contar partir de mañá. O ano pasado, a Xunta agrupou por primeira vez nunha soa orde os programas que teñen por obxecto establecer incentivos para a creación de emprego das persoas con discapacidade nos centros especiais de emprego. A Consellería de Traballo e Benestar complementará esta orde coas axudas referentes aos programas de incentivos para o fomento da contratación das persoas con discapacidade na empresa ordinaria e ao programa de emprego con apoio como medida de fomento do emprego das persoas con discapacidade no mercado ordinario de traballo. Así mesmo, o artigo 35 da Lei de Acompañamento á Lei de Orzamentos para este ano 2011 establece como novidade en Galicia a reserva do 3% dos contratos públicos en favor dos centros especiais de emprego.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: