JAVIER GUERRA AFIRMA QUE O GOBERNO CENTRAL REXEITA CALQUERA MEDIDA QUE EVITE O IMPACTO DO DECRETO DO CARBÓN NO TECIDO ENERXÉTICO E PRODUTIVO DE GALICIA

  • O conselleiro de Economía e Industria constata en Madrid que o Ministerio de Industria non ten ningunha intención de aplicar medidas correctoras que eviten a perda de produtividade e de emprego que leva aparellada esta normativa
  • O responsable autonómico sostén que non se quere abordar unha solución ou negociación “máis xusta e solidaria para os intereses de Galicia”, tal e como propuxo a Xunta de Galicia en reiteradas ocasións cunha actitude de “colaboración e proactiva”  
  • O Goberno Central nin tan sequera garante a presenza da Xunta de Galicia na comisión de seguimento creada para evaluar o impacto do Real Decreto do Carbón, tal e como reclama o Goberno galego e os concellos afectados das Pontes e Cerceda
  • Javier Guerra trasladou ao secretario de Estado da Enerxía que Galicia non retirará ningún recurso dos que ten presentados até o de agora e que recurrirá tamén os regulamentos que desenvolve a normativa “porque non nos deixan outro camiño”      O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, acompañado polo director xeral de Industria, Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, afirmou hoxe en rolda de prensa que o Goberno Central, a través do seu Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, non ten ningunha intención de aplicar medidas correctoras que eviten o impacto do coñecido como Real Decreto do Carbón no tecido enerxético e socioeconómico de Galicia. Así o constatou onte o propio conselleiro, despois do encontro que mantivo co Secretario de Estado de Enerxía do Ministerio de Industria en Madrid, ao que trasladou que a Xunta de Galicia non vai retirar os recursos que ten presentados contra a aplicación desta normativa, así como contra os distintos regulamentos que desenvolven o decreto “porque non nos deixan outro camiño, e polo seu grave impacto sobre Galicia e pola falta de propostas por parte do Goberno Central para atopar unha solución que a Xunta ven demandando dende un actitude de colaboración e proactiva”. Javier Guerra asegurou que o Goberno Central “rexeita calquera tipo de solución ou negociación que implique unha orde de redución dos programas de produción máis solidaria e xusta, tal e como propuxo o Goberno da Xunta de Galicia, e que non prexudique así ás centrais térmicas galegas de Cerceda e As Pontes e a todo o que conleva a posta en marcha deste real Decreto para Galicia en termos económicos e de emprego”.
    O conselleiro de Economía e Industria apuntou tamén que o Goberno Central “nin tan sequera garantiu a presenza da Xunta de Galicia, tal e como reclaman os propios concellos afectados, na comisión de seguimento encargada de evalúar o impacto que terá a normativa nas centrais térmicas galegas e na economía e no emprego das comarcas mineiras da nosa Comunidade Autónoma, e da que fomos excluídos sen ningún tipo de explicación”. Javier Guerra e Ángel Bernardo Tahoces trasladaron ao secretario de Estado de Enerxía do Ministerio de Industria os negativos efectos da entrada en vigor do Real Decreto do Carbón en Galicia, “posto que moitas empresas auxiliares verán reducida a súa carga de traballo ou terán que pechar, verase afectado o emprego nas actividades de descarga marítima e no transporte, reducirase a actividade de Reganosa e dos portos, baixarán os ingresos dos concellos das Pontes e Cerceda e os da propia Xunta, ademais de que a súa aplicación supón xa para todos os cidadáns un incremento do custe da electricidade”. Biocombustible  .-Por outra banda, o encontro que mantivo o conselleiro e o director xeral de Industria, Enerxía e Minas co secretario de Estado de Enerxía, serviu tamén para que a Consellería de Economía e Industria apremiara ao Goberno Central para poñer en marcha canto antes a normativa que beneficia ás catro plantas de biocombustible galegas fronte á competencia de terceiros países en  base a adxudicación duns obxectivos de produción obligatorios por planta

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: