MAR SOLICITA AO CONSELLO REGULADOR DO MEXILLÓN QUE LLE TRASLADE TODA A INFORMACIÓN EN RELACIÓN COA DENUNCIA QUE REALIZOU ONTE ANTE OS MEDIOS DE COMUNICACIÓN

  • A Consellería do Mar reitera o seu “apoio total” á Denominación de Orixe Protexida Mexillón de Galicia e desaproba calquera tipo de acto fraudulento que teña como fin enganar ao consumidor
  • .- A Consellería do Mar remitiu hoxe unha carta ao Consello Regulador do Mexillón para que o organismo, que representa a preto dun 30% do sector mitilicultor galego, lle traslade toda a información da que dispoña sobre a denuncia interposta polo organismo sobre supostos fraudes no envasado e etiquetado de conservas de mexillón dunha empresa galega. En canto a Xunta conte con toda a información adoptará as medidas necesarias dende a propia Consellería do Mar ou dende os organismos competentes. A través da misiva, Rosa Quintana, solicita ao Consello a información que onte presentou ante os medios de comunicación e que a Xunta descoñecía por completo. Non foi ata onte, a última hora da mañá, cando se estableceu contacto co departamento que dirixe Rosa Quintana, para dar coñecemento destes feitos. A Consellería do Mar amósase moi preocupada polos feitos denunciados e unha vez dispoña de todos os datos valoraraos para, de ser constatadas anomalías nos ámbitos denunciados, desenvolver as actuacións precisas dende os organismos competentes para depurar as conductas fraudulentas. A Xunta quere deixar claro que desaproba calquera tipo de acto fraudulento que teña como fin enganar ao consumidor final e reitera unha vez máis o seu apoio total á Denominación de Orixe Protexida Mexillón de Galicia tal e como o leva facendo dende a súa aprobación e, por ende, a todo o sector mitilicultor galego.  

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: