Archivo | marzo 2, 2011

COMEZA MAÑA O PRAZO PARA OPTAR ÁS AXUDAS DA XUNTA PARA MANTER E CREAR EMPREGO NOS CENTROS ESPECIAIS PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE

  • O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde de subvencións á que a Consellería de Traballo e Benestar destina este ano preto de 11 millóns de euros
  • O departamento autonómico prevé que máis de 2.000 persoas se beneficien desta liña de axudas
  • As entidades beneficiarias poden solicitar o pagamento anticipado do 90 por cento do total da subvención concedida, un 10 por cento máis que o ano pasado
  • A axuda máxima para os proxectos xeradores de emprego de carácter estable para persoas con discapacidade é de 12.000 euros para cada posto de traballo creado con carácter indefinido Leer Más…

El Grupo Municipal del PP considera que es demasiado grave que el alcalde esté detrás de una campaña panfletaria

El Grupo Municipal del PP considera que es demasiado grave que el alcalde esté detrás de una campaña panfletaria. El Grupo Municipal del PP denuncia que detrás de una campaña panfletaria, como la que está aconteciendo en las últimas horas, está Abel Caballero y el Partido Socialista.  José Manuel Figueroa hizo referencia al folleto en el que el PSOE afirma que el PP quiere construir un hospital privado. “Es mentira”, aseguró. Además, mostró un panfleto anónimo respaldado por Amigos das Festas de Bouzas, con la única finalidad de confundir. Leer Más…

PORTOS DE GALICIA DOTARÁ A LONXA DE BUEU DUNHA CASETA EXTERIOR PARA SUBMINISTRO DE AUGA DE MAR

O ente público investirá máis de 7.000 euros nesta actuación solicitada pola confraría de pescadores

Portos de Galicia dotará ao edificio da lonxa de Bueu dunha caseta anexa para o subministro de auga de mar aos usuarios do rulo. O ente público investirá máis de 7.100 euros nesta dotación, que se prevé poida estar rematada nun prazo estimado dun mes. Estes traballos foron solicitados ao organismo portuario pola confraría de pescadores da localidade á que o ente público quere dar resposta, mellorando as súas condicións de traballo. Leer Más…

Programa coñece a Túa provincia.

2.000 persoas farán rutas culturais dentro do Programa Coñece a Túa Provincia e 500 asociacións de mulleres e maiores participarán en cursos formativos  A Xunta de Goberno da Deputación acordou hoxe adxudicarlle o programa  diúrno de balnearios a Halcón Viaxes por 239.980 euros. Segundo informou a vicepresidenta Teresa Pedrosa, cunha capacidade de 4.615 prazas que se distribuirán en turnos de primeveira e outono Leer Más…

ARRANCAN OS FALADOIROS NO MUSEO DO MAR DE GALICIA BAIXO O TÍTULO DE TODA UNHA VIDA NO MAR.

Catro homes que viviron practicamente toda a súa vida dedicada ao medio mariño compartirán as súas experiencias cos participantes arredor dun café
Esta actividade realizarase o primeiro xoves de cada mes en horario de tarde nas instalacións do Museo do Mar
O Museo do Mar de Galicia inicia este xoves 3 de marzo ás 17:30 os seus Faladoiros. Trátase dunha serie de encontros con xente vencellada ao mar que, baixo o título de Toda unha vida no mar, pretenden achegar aos asistentes a este ámbito mediante conversas arredor dun café. Leer Más…

Teatro Ensalle presenta:VII FESTIVAL ISTO FERVE MARZO'11

VII ISTO FERVE ‘11 

 04-06/03/11 A fondo 

Cía. Provisional Danza & 

Transparence Dance Leer Más…

MAR RECLAMA AO GOBERNO CENTRAL QUE A PENALIZACIÓN DA COTA DA XARDA POIDA CUMPRIRSE EN 10 ANOS PARA BENEFICIAR Á FROTA GALEGA

  • O Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño rexeitou a proposta de Galicia amparándose en que a UE interpretaría esta petición como un agravio comparativo

A Consellería do Mar entende que, polo ben do sector,  o Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño debe solicitar ante a UE que a penalización de cota para compensar a sobrepesca, fixada en 5 anos, se poida prolongar ata os 10 anos. Leer Más…

Saborea o Entroido no Progreso – Vigo

Mercado do Progreso está a preparar unha campaña de Entroido destinada aos pequenos da casa, pero tamén aos seus pais, á que estáis invitados todos os medios. Por este motivo, deseñamos diversas propostas que comezarán o sábado día 5 e rematarán o mércores día 9 de marzo. Leer Más…

Novacaixagalicia financiou en 2010 cobramentos e pagamentos de empresas por 3.000 millóns de euros

A caixa é líder en factoring en Galicia cunha cota de mercado do 38% 
   Novacaixagalicia crece un 8% no financiamento de cobramentos e pagamentos a empresas
  A entidade mantén a súa aposta por facilitar o financiamento das empresas

O SERVIZO DE TELEASISTENCIA DOMICILIARIA DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PRESTA SERVIZO A 1.400 PERSOAS DA PROVINCIA E ATENDEU NO 2010 22.276 ALARMAS

Un total de 43 mulleres utilizaron no 2010 o servizo de teleasistencia para mulleres mal tratadas A Deputación destinará o presente ano 2011 un orzamento de 134.299,13 euros ó mantemento das terminais do programa de Teleasistencia domiciliaria, segundo informou hoxe a vicepresidenta e deputada delegada de Acción Social, Teresa Pedrosa. Leer Más…