a xunta inviste 2 millóns de euros na execución de cinco quilómetros de colectores para a conectar a rede de saneamento de porriño coa edar de guillarei

  • A actuación proxecta a execución de novos colectores que completen a rede de saneamento, principalmente na parroquia de Budiño, servindo unha poboación de 1.669 habitantes
  • As obras repártense en 5 zonas: estrada de Salvaterra, Polígono da Granxa, Orbenlle, Aliviadoiro de Pego e Torneiros
  • A Xunta de Galicia leva comprometidos máis de 22,8 millóns de euros para o saneamento da conca do río Louro
  •  O Consello da Xunta autorizou na súa reunión de hoxe a colaboración técnica- financeira entre a Consellería de Medio Ambiente e o Concello de Porriño para a execución de colectores secundarios para a conexión co sistema xeral do río Louro. A Xunta, a través de Augas de Galicia, inviste preto de 2 millóns de euros para a execución desta infraestrutura hidráulica. Cómpre sinalar que na actualidade, a estación depuradora de augas residuais (EDAR) de Guillarei dá servizo entre outros ao Concello do Porriño, tendo un rendemento baixo xa que traballa por debaixo do seu caudal de deseño ao non estar executadas todas as conexións previstas. Neste senso, o proxecto aprobado define e valora as actuacións necesarias para conectar os actuais saneamentos do Porriño aos colectores xerais que levan as residuais á devandita EDAR. A actuación proxecta a execución de novos colectores que completen a rede de saneamento, principalmente na parroquia de Budiño, servindo unha poboación de 1.669 habitantes. Medio Ambiente sinala que coa execución destas obras estase a dar cumprimento á Directiva Marco da Auga, controlando as verteduras urbanas, agrarias e industriais. As obras previstas repártense en 5 zonas: estrada de Salvaterra, Polígono da Granxa, Orbenlle, Aliviadoiro de Pego e Torneiros. Destas, as de Orbenlle e Polígono da Granxa precisarán da instalación de bombeos. Na estrada de Salvaterra (PO-510) executaranse 3.500 metros de colectores en tubo de PVC de diámetros entre 315 e 530 mm que se conectarán á rede do Polígono da Granxa. No Polígono da Granxa, a rede de saneamento conta con dous pozos de bombeo que levan as residuais a unha depuradora situada ao este. Proxéctase suprimir o bombeo da zona norte e renovar o da zona sur da rede actual do polígono, conectando ambas zonas a sendos pozos do colector industrial da Granxa. Tras demoler o bombeo norte, executaranse 64 metros de colector. O bombeo sur será demolido e executado de novo, cunha arqueta previa de desbaste. En Orbenlle, instalaranse 1.494 metros de colector, sendo preciso un bombeo prefabricado. Este treito verterá ao colector industrial das Gándaras a través dunha futura rede a executar polo Concello do Porriño. A conexión ao aliviadoiro de Pego pretende evitar que os vertidos de residuais cheguen ao interceptor de Cans sen pasar por ningunha estrutura de alivio. A conexión ao sistema de Louro farase na arqueta de entrada ao aliviadoiro, inicio do interceptor de Cans. En Torneiros executaranse 136 metros de tubo de PVC para conectar as dúas redes existentes ao colector de Torneiros, do sistema do Louro. O departamento que dirixe Agustín Hernández, mediante a colaboración técnica e financeira neste tipo de proxectos, pretende resolver carencias en infraestruturas, neste caso hidráulicas, nos concellos galegos. Deste xeito, os habitantes incrementan a súa calidade de vida e foméntase o desenvolvemento económico e social dos municipios. A Consellería de Medio Ambiente establece un prazo de execución de oito meses para a finalización das obras hidráulicas.

Inversións:.-A Xunta de Galicia leva comprometidos máis de 22,8 millóns de euros para o saneamento da conca do río Louro, dos que máis de 3.3 corresponden ao gastos de explotación da Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) de Guillarei; máis de 15,5 millóns de euros as conexións de distintos municipios coa Edar; e algo máis de 4 millóns na construción desta infraestrutura hidráulica, a través dun acordo de colaboración co Estado polo que se aporta o 15 % da obra.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: