A XUNTA LOGRA QUE O GOBERNO RECOÑEZA A CATEGORÍA PROFESIONAL DOS MARISCADORES NA NOVA CLASIFICACIÓN NACIONAL DE OCUPACIÓNS

  • A conselleira e a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro reivindicaron a Madrid a cualificación destes traballadores do mar de cara á súa profesionalización,  visualización e recoñecemento social
  • O director xeral de Competitividade e Innovación Tecnolóxica reiterou a súa aposta pola modernización e polo impulso á acuicultura e a rexeneración dos bancos marisqueiros a través de subvencións coma a que recibiu a embarcación da Confraría de Cambados
  • A Consellería do Mar, en coordinación coa de Traballo e Benestar, conseguiu que o Goberno Central rectificase e que recoñeza a categoría profesional dos mariscadores e mariscadoras. A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, que informou hoxe na comisión 8ª das xestións desenvolvidas pola Consellería en defensa destes profesionais, amosou a súa satisfacción e resaltou “a aposta deste Goberno pola profesionalización deste colectivo de gran importancia socieconómica en Galicia”. Así, tras comprobar que o Goberno eliminara a denominación de “profesión de mariscador” do borrador da nova Clasificación Nacional de Ocupacións (CNO-11), a conselleira remitiu unha carta ao propio ministro de Traballo, Valeriano Gómez, e ao director do Instituto Nacional de Estatística, na que defendía a cualificación deste colectivo e a súa profesionalización. Na misiva informábaselle da importante transformación que sufriu o sector do marisqueo a pé tras un proceso iniciado a mediados da década dos 90. “Explicámoslle que pasou de ser unha actividade meramente extractiva á aplicación de técnicas de cultivos mariños, o que xunto coa organización do colectivo permitiu a súa profesionalización”. Rodríguez Carballo defendeu ante o Goberno Central a formación específica que require este colectivo, “tanto no que se refire ao título habilítante para o exercizo da actividade como á formación necesaria para o acceso á profesión”. E deu conta, ante o Ministerio de Traballo, dos cursos necesarios para acceder a esta profesión e da necesidade de ter coñecementos técnicos e experiencia para a obtención dos produtos do marisqueo. “Insistimos en que a tarefa dos mariscadores consiste en por en práctica técnicas de cultivo para obter os seus produtos e que hai profesionais que realizan tarefas de dirección”, dixo. A Consellería do Mar, co apoio e coordinación da de Traballo e Benestar, convenceu finalmente ao Goberno Central de que a súa definición inicial “poñía aos profesionais do marisqueo galego ante unha situación de definición inxusta da súa actividade e capacitación” e de que a súa inclusión no Gran Grupo 6 de traballadores cualificados “permite sustentar adecuadamente a súa visualización e recoñecemento social desta profesión, ademais de recoller con maior fidelidade as características da actividade que desempeñan os mariscadores”. “O traballo da Consellería fructificou e o Consello de Ministros aprobou a cualificación profesional deste colectivo que aglutina a máis de 4.000 traballadores na nosa comunidade”, dixo. A directora cre que esta nova definición servirá tamén para evitar disfuncións na organización e tramitación de demandas e ofertas de emprego, “o que redundará na propia organización da actividade marisqueira e facilitaría a obtención de datos e estatísticas sobre a xeración económica e laboral deste traballo”. Impulso á modernización en Cambados  Pola súa banda, o director xeral de Competitividade e Innovación Tecnolóxica, Juan Maneiro, falou sobre a subvención outorgada polo seu departamento para a construción da embarcación auxiliar que estreou a Confraría de Cambados no mes de maio do ano pasado. Maneiro explicou que o se departamento financiou o 60% da construcción desta embarcación con fondos FEP, uns 176.104 euros do importe total, “para modernizar e equipar a batea de preengorde de moluscos Exp-Cambados e para impulsar a acuicultura na zona e a rexeneración dos bancos marisqueiros, unha actuación acorde cos obxectivos do actual Goberno”.O director xeral insistiu que a adxudicación desta axuda para a realización desta embarcación, foi realizada cumprindo estritamente o establecido na orde correspondente e do mesmo xeito que se realizou coas embarcacións do mesmo tipo. Ademais recalcou que a Xunta, o Estado e a Unión Europea someten todos os expedientes a auditoría e lembrou que esta embarcación auxiliar é a continuación dun proxecto aprobado polo goberno bipartito. Na súa intervención destacou que esta embarcación auxiliar está a permitir aos traballadores da zona realizar labores de preengorde de semente de bivalvos e de resembra nos bancos marisqueiros da confraría en calquera momento, sen necesidade de ter que alugar outra embarcación, como tiñan que facer antes, “co custo económico que isto lles supoñía”. Cabe lembrar que o parque de cultivo Exp-Cambados foi autorizado pola anterior Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos para o preengorde de ameixa babosa, fina e xaponesa co fin de rexenerar os bancos marisqueiros da zona. Do mesmo xeito, o director xeral lamentou que a oposición confundira na súa intervención a persoa do patrón maior de Cambados coa institución solicitante da axuda para a construción desta embarcación. Maneiro insistiu en que é a confraría de Cambados e os seus socios os que realmente están sendo os beneficiados da concesión desta axuda.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: