ACTO DÍA MUNDIAL DA EFICIENCIA ENERXÉTICA

O titular de Economía e Industria presentou hoxe ante un grupo de escolares o videoxogo interactivo “Se enerxía queres aforrar pola túa casa debes empezar” no acto conmemorativo do Día Mundial da Eficiencia Enerxética.-

  • O xogo virtual sobre o aforro enerxético, que permitirá coñecer pautas prácticas e sinxelas de como aforrar enerxía, será accesible a través de Internet e de redes sociais para promover a máxima participación cidadá nesta tarefa colectiva, multiplicando así o efecto da mensaxe e incrementando a súa eficiencia
  • As persoas que completen o videoxogo que ten como protagonistas a Super-E e a Familia Efi entrarán a participar nun sorteo final de máis de cen agasallos consistentes en papaventos, bicicletas, monopatíns, patíns, bodyboards e cepillos dentais solares
  • A Xunta reforza a súa aposta estratéxica pola potenciación da eficiencia e das enerxías renovables para facer de Galicia unha comunidade líder
  • O Goberno galego está comprometido coa construción dun modelo enerxético limpo e respectuoso co medio ambiente, baseado na potenciación das enerxías renovables nos máis diversos ámbitos e nunha nova dimensión do aforro e da eficiencia con políticas orientadas a todos os sectores económicos
  • O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, presentou hoxe o videoxogo “Se enerxía queres aforrar pola túa casa debes empezar”  deseñado para concienciar aos cativos sobre a importancia do uso responsable da enerxía, nun acto conmemorativo do Día Mundial da Eficiencia Enerxética.   “Trátase dunha iniciativa novidosa porque conxuga o uso das novas tecnoloxías e dos novos medios coa promoción do aforro enerxético; polo que esperamos teña unha boa receptividade entre a cidadanía e que sexan moitos os usuarios que a compartan, o que, sen dúbida, redundará na súa efectividade e eficiencia”, explicou Guerra. O videoxogo está protagonizado por un superheroe da Eficiencia e a súa familia, o Super-E e a Familia Efi, que axudan ao usuario a ir construíndo unha casa que é un modelo de aforro e eficiencia enerxética, aplicando sinxelas pautas de aforro. Os rapaces que completen o xogo terán a oportunidade de coñecer, dun xeito lúdico, as medidas que teñen que adoptar na súa casa para aforrar enerxía, que poden complementarse coas iniciativas aforro promovidas desde a Consellería de Economía e Industria, como o Plan Renove de Fiestras, o Plan Renove de Equipos de Iluminación Interior ou o Plan de Vehículos Eficientes,. Os rapaces que rematen o xogo, accesible nas principais webs da Xunta, da Consellería de Economía e Industria, no Inega ou través das redes sociais como Spotify e Tuenti, entrarán a formar parte do sorteo dun cento de agasallos consistentes en papaventos, bicicletas, monopatíns, patinetes, bodyboards e cepillos dentais solares. Este sorteo realizarase de xeito automático pola propia aplicación. Esta iniciativa constitúe o elemento central sobre o que se artellará unha campaña formativa, divulgativa e participativa que Economía e Industria desenvolverá neste mes de marzo  no eido dixital e nas redes sociais para impulsar a busca da eficiencia enerxética a través da complicidade co interlocutor. O conselleiro, que estivo acompañado polo director do Instituto Enerxético de Galicia (Inega), Eliseo Diéguez García, salientou que a Xunta de Galicia está comprometida coa construción dun modelo enerxético limpo e respectuoso co medio ambiente, baseado na potenciación das enerxías renovables nos máis diversos ámbitos e nunha nova dimensión do aforro e da eficiencia na que Galicia está a ser unha comunidade pioneira, coa adopción de políticas que abranguen todos os sectores económicos e entre as que se atopan a posta en marcha de campañas de sensibilización como a que hoxe arranca. Pola súa banda, o director do Inega explicou que “o obxectivo que perseguimos con este videoxogo é o de contribuír ao labor de divulgación para facer posible que o aforro e a eficiencia enerxética sexa cada vez máis unha tarefa de todos”.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: