IGNACIO LÓPEZ-CHAVES:”A XUNTA DE GALICIA NON TEN NOTICIAS DO PARQUE TEMATIZADO DE ABEL CABALLERO EN CASTRELOS”

O Director Xeral de Patrimonio Cultural afirmou hoxe no Parlamento que a Xunta non recibiu ningunha solicitude do Concello para o parque nin para a pasarela sobre o río Lagar. O deputado do PPdeG Ignacio López-Chaves manifestou que a Xunta de Galicia non ten noticia algunha da construción no parque de Castrelos dun parque tematizado, segundo indicou hoxe no tanscurso da Comisión de Educación e Cultura do Parlamento o Director Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta. Así mesmo, o representante da Xunta indicou que non se recibira soliticude algunha por parte do Concello de Vigo para a construción do parque tematizado nin para a construción de ningunha pasarela sobre o río Lagares.  O deputado popular recordou que fai un mes, dende o Goberno municipal, afirmouse que a ponte sobre o río Lagares tiña autorización da Xunta “algo que se desmente neste momento e demóstrase que da Consellería de Cultura non a ten”. O PPdeG lembra que a adxudicación dese contrato por un importe de 1M € foi motivo de polémica pola condición da representante da empresa adxudicataria de portavoz local do PSOE en Vigo. O PPdeG  sinalou que o contrato foi adxudicado definitivamente pola Xunta de Goberno do Concello de Vigo o 29 de decembro de 2010 e dende esa data non solicitou autorización perceptiva da Consellería de Cultura para a construción do parque tematizado. “Que o Concello de Vigo non solicitara a autorización perceptiva significa que ou ben non fará o parque coa conseguinte responsabilidade económica do Concello ou ben que tratará de facelo sen autorización”, sinalou o deputado Ignacio López Chaves. O PP lembrou que a propia asesoría xurídica do Concello afirmou que o proxecto de instalación debería contar “antes da súa aprobación” co informe favorable da Consellería de Cultura, algo que non se produciu, segundo o deputado popular.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: