IOLANDA VELOSO ACUSA AO PP DE “PRETENDER QUE AS MULLERES QUEDEN NA CASA A COIDAR OS NENOS E AS PERSOAS DEPENDENTES”

A candidata número 2 do BNG criticou que a Deputación de Pontevedra non financie o Centro de Emerxencia para mulleres maltratadas, que agora ten todas as prazas ocupadas   Carme Adán pide a retirada da “Lei de apoio á familia e á convivencia” e acusa a Núñez Feijóo de ser un “inimigo das mulleres”. A concelleira de Igualdade de Vigo, a nacionalista Iolanda Veloso, denunciou esta mañá en rolda de prensa que as administracións xestionadas polo PP (Xunta e Deputación de Pontevedra) están a emprender numerosos recurtes en materia de igualdade. Segundo a candidata número 2 do BNG para as vindeiras eleccións municipais, “o que se pretende con estas medidas é que as mulleres fiquen na casa, aturen os malos tratos e se dediquen a coidar dos nenos e das persoas dependentes”. “As políticas de austeridade pretenden aforrar por todas partes: aforrar en escolas infantís, aforrar en atención aos dependentes, aforrar en centros de igualdade, e se ademais as mulleres se borran das listas do Inem, mellor, o aforro é duplo”, ironizou Veloso. A Deputación non subvenciona o Centro de Emerxencia   Segundo explicou, o Centro de Emerxencia non conta con ningún tipo de axudas da Deputación de Pontevedra, a pesar de que o 54% das mulleres atendidas son de toda a provincia e só un 25% aproximadamente do concello de Vigo. Así mesmo, neste momento as prazas do centro están todas ocupadas, co cal existe o risco de algunha muller maltratada fique na rúa. Veloso explicou que “moitas mulleres se empadronan en Vigo para acceder aos servizos”. De feito, o concello de Vigo asume practicamente todo o gasto do Centro, financiando até 266.000 euros, quedando unha cantidade mínima a cargo da Xunta de Galicia. Esta situación foi denunciada mesmo polo propio Consello Municipal da Muller que representa a todos os colectivos de mulleres de Vigo. Veloso lembrou que “en tempos de crise é fundamental manter os recursos contra a violencia de xénero, porque moitas mulleres non poden acceder a un traballo que lles permita independizarse”. Carme Adán lembra a supresión dos equipos de Igualdade de Gondomar e Porriño A deputada do BNG vén de presentar unha iniciativa pola que se pide a retirada do anteproxecto de lei de familia e convivencia que presentou Feijóo. Os nacionalistas fanse eco da demanda do propio Consello Económico e Social de Galiza ao valorar o proxecto. Para este organismo consultivo a lei “non pretende estabelecer accións de apoio á convivencia, senón recuperar o rol tradicional das mulleres para aforar así recursos orzamentarios en dependencia, en garderías e escolas infantís, en actividades extraescolares e comedores”. Para Adán, “os dous anos de goberno de Feijóo son dous anos de desastre para as políticas de igualdade”, e cualificou ao presidente da Xuunta de “inimigo das mulleres”. Adán recordou os recurtes efectuados polo goberno Feijóo en materia de igualdade, entre os que destacou o peche dos equipos de igualdade en todo o país -destacando os de Gondomar e Porriño pola súa repercusión na comarca viguesa-. Tamén se suprimiu o programa Tempos de Mulleres, a axuda para a co-titularidade das explotacións agrarias ou as axudas a redeiras e mariscadoras. A deputada do BNG recordou que “servizos que tardaron anos en poñerse en marcha foron desmontados en poucos meses”.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: