LETE LASA VISITA DÚAS PISTAS POLIDEPORTIVAS EN CRECENTE E AS NEVES NAS QUE A SECRETARÍA XERAL PARA O DEPORTE INVESTIU 70.000 EUROS

  • O secretario xeral presidiu a entrega dunha furgoneta para o Club Ciclista Ponteareas para a que a Xunta achegou máis de 16.000 euros
  •  O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, visitou hoxe os concellos de Crecente e As Neves nos que a Xunta investiu 70.000 euros na construción de dúas pistas polideportivas. Lete Lasa trasladouse tamén ao Concello de Ponteareas, onde presidiu a recepción dunha furgoneta para o Club Ciclista do municipio. O secretario xeral visitou primeiro o Concello de Crecente, no que a Xunta investiu máis de 32.000 euros na construción dunha pista polideportiva no CEIP Manuel Sieiro. Esta pista, orientada para nenos de entre 8 e 13 anos, ten unha superficie de 22×11 metros de formigón pulido con coloreado e pintado de liñas de xogo. A segunda parada do secretario xeral foi o concello das Neves e concretamente a parroquia de Vide, onde visitou a pista polideportiva de Chan de Vide. A construción desta pista recibiu unha subvención da Secretaría de máis de 37.000 euros. Trátase dunha infraestrutura de 44×24 metros con pavimento de formigón pulido, pintado e coloreado para diversos deportes, destinada a persoas con discapacidade e maiores de 15 anos. Lete Lasa trasladouse, por último, ao Concello de Ponteareas, onde presidiu a entrega dunha furgoneta para o Club Ciclista Ponteareas, na que a Xunta investiu máis de 16.000 euros.  

Circuítos biosaudables

Lete Lasa aproveitou a súa visita aos concellos da comarca do Condado-Paradanta para coñecer algúns dos circuítos biosaudables subvencionados pola Secretaría Xeral para o Deporte. O secretario visitou o parque de Crecente, no que a Xunta investiu 8.850 euros. A Secretaría Xeral para o Deporte subvencionou tamén un circuíto biosaudable nas Neves cunha achega de 8.850 euros, e investiu case 40.000 euros no parque do concello de Ponteareas.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: