MEDIO AMBIENTE FIXA AS DATAS DE LEVANTAMENTO DE ACTAS PARA QUE ACUARNORTE POIDA PROCEDER ÁS expropiacións da depuradora de VIGO

  • O orzamento da EDAR de Vigo ascende a 230 millóns de euros,
  • O investimento da Xunta elévase a 121 millóns de euros, incluíndo os xuros do pagamento aprazado
  • O obxectivo principal deste proxecto é dar solución á insuficiencia na capacidade de depuración das augas residuais urbanas de Vigo
  • A nova depuradora deseñarase para dar servizo a máis de 800.000 habitantes
  • A depuradora será unha das máis modernas do Estado e contará cunha liña de auga, outra de lodos con secado térmico e recuperación de enerxía e un control de tratamento de olores

 A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas sinala as datas de levantamento de actas previas para que Acuanorte poida proceder ás expropiacións da Depuradora de Vigo. O Diario de Oficial de Galicia publica hoxe a resolución pola que se anuncia o levantamento de actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados polas obras de ampliación e modernización da estación depuradora de augas residuais. O número de fincas afectadas é de 132 o que supón unha extensión de máis de 130.000 metros cadrados. Así, este proceso queda fixado para os días 12,13 e 14 de abril no Complexo polideportivo de Samil, entre ás 09,00 e as 13,30 horas e, en horario vespertino, de 16,00 horas ás 19,00 h. A construción da depuradora de Vigo é o resultado dun convenio de colaboración asinado entre a Xunta de Galicia, Augas de Galicia, a sociedade estatal Aguas de la Cuenca del Norte (ACUANORTE) e o Concello de Vigo, aprobado polo Consello da Xunta o pasado 22 de xullo de 2010, e que ten como finalidade resolver as deficiencias existentes no sistema de depuración da cidade de Vigo. Esta actuación hidráulica precisa dun orzamento de 230 millóns de euros, dos que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través de Augas de Galicia achegará 104 millóns de euros, un 45% do financiamento total, aos que hai que engadir os xuros derivados polo pagamento aprazado, o que supón un investimento total de 121 millóns de euros. O réxime de colaboración é o seguinte: Acuanorte licita, adxudica e dirixe as obras, ademais de facerse cargo das expropiacións; a Xunta de Galicia cofinancia e asume as baixas e alzas das incidencias que se poidan producir ao longo da execución das obras; e o Concello de Vigo será o titular das instalacións e asumirá a súa explotación unha vez rematadas.

Actuación necesaria

O obxectivo principal desta actuación é dar solución aos graves problemas de contaminación continua e progresiva que se están producindo nas augas da ría de Vigo, que provocan a deterioración da súa calidade. A nova EDAR suporá acadar os obxectivos previstos na normativa comunitaria, ademais de redundar nunha mellora da calidade das augas da ría, considerada como zona de gran riqueza marisqueira. As obras consistirán basicamente na construción dunha nova estación depuradora cun novo emisario submarino para un caudal de 8 m³/s, así como na necesaria ampliación da rede eléctrica existente. Características técnicas.-A depuradora situarase na marxe sur da ría de Vigo, xunto á marisma do Lagares estará deseñada para 801.504 habitantes equivalentes. A EDAR contará cunha liña de auga na que todo o caudal que chegue a ela se someterá a desbastamento, pretratamento e tratamento primario. Incorporarase ademais o tratamento secundario para a integridade do caudal que se reciba, con eliminación de nitróxeno por procesos biolóxicos e fósforo por vía química, así como un sistema de desinfección. Por outra banda, contará cunha liña de lodos con dixestión anaerobia con aproveitamento da enerxía do biogás e secado térmico de baixa temperatura. A planta incluirá a xestión e tratamento do caudal de auga durante as chuvias, así como do incremento de produción dos lodos orixinados nesta situación, mediante uns tanques de regulación de caudal.

Plan Hidrolóxico

Tanto o vixente Plan Hidrolóxico Galicia-Costa como o borrador do novo plan, que vén de rematar a fase de participación pública, consideran necesaria e básica a ampliación da depuradora de Vigo e o saneamento integral da ría. Así mesmo, dáse cumprimento ao Plan de infraestruturas hidráulicas 2009 – 2014 da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, e ao Plan específico para a mellora da calidade das augas das rías galegas.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

0 Respuestas a “MEDIO AMBIENTE FIXA AS DATAS DE LEVANTAMENTO DE ACTAS PARA QUE ACUARNORTE POIDA PROCEDER ÁS expropiacións da depuradora de VIGO”

  1. Salvador dice :

    The info on this post is useful.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: