O MUSEO DO MAR IMPULSA UNHA REDE DE TRABALLO CON OUTROS MUSEOS GALEGOS DE TEMÁTICA MARIÑA

 O director, Pablo Carrera, mantivo onte un encontro con representantes dos museos interesados en participar nesta iniciativa
O obxectivo é establecer actuacións conxuntas e sistemas de traballo comúns, entre eles o de inventario, que xa se está a desenvolver
O director do Museo do Mar de Galicia, Pablo Carrera, reuniuse onte con representantes doutros museos galegos dedicados á temática marítima. O obxectivo deste primeiro encontro, do que os asistentes fan un balance positivo, era coñecer as distintas propostas de actuación e establecer sistemas comúns de traballo, así como actuacións conxuntas en relación ao patrimonio marítimo galego e crear unha rede de Centros e Museos Marítimos de Galicia sen prexuízo das atribucións do Sistema Galego de Museos.
Nesta primeira reunión, celebrada no propio Museo do Mar de Galicia, en Vigo, constatouse a necesidade de coordinar as accións dos distintos museos e acordouse iniciar no sucesivo unha serie de mesas de traballo para continuar abordando estas cuestións. De feito, determinouse xa a temática da primeira destas mesas: a posta en marcha dun sistema de inventario común, ferramenta que xa se está a desenvolver no Museo do Mar de Galicia e que se estenderá ao resto.
A reunión contou con representación dos museos de A Guarda, Redondela, O Grove, o Museo Massó, o Museo Anfaco e da Rede de Museos de Lugo. Ademais, pese a non poder estar presentes, os de Rianxo e Baiona amosaron a súa dispoñibilidade para colaborar nesta iniciativa do Museo do Mar de Galicia. Por último, Museo que dirixe Pablo Carrera pon a disposición dos concellos e entidades as súas exposicións.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: