Obras Plan Cooperación Val Miñor

O investimento enmárcase dentro do Plan Provincial de Cooperación que permitirá mellorar o saneamento, o abastecemento de augas ou pavimentar rúas e accesos.- A Deputación de Pontevedra investirá 213.000 euros na comarca do Val Miñor en catro actuacións nos tres concellos da comarca. As obras están enmarcadas no Plan Provincial de Cooperación (PPC) e están encamiñadas a mellorar os servizos públicos e as infraestruturas da comarca. Os habitantes de Baiona, Gondomar e Nigrán beneficiaranse desta iniciativa coa que a Deputación investirá máis de 5,5 millóns de euros en toda a provincia.  No concello de Gondomar a Deputación destinará 76.900 euros ao saneamento do núcleo de Nande na parroquia de Mañufe. En Nigrán serán máis de 73.600 euros os que se investirán en dúas actuacións. A primeira delas será a destinada ao saneamento no camiño da Pousa, na parroquia de San Pedro e o ramal da Rúa da Lagoña na parroquia de Nigrán. O importe desta actuación será de 42.583 euros. En segundo lugar acometerase a pavimentación na rúa Reboreda, na parroquia de Camos, e na rúa Area Alta, na parroquia de Panxón, onde se investirán máis de 31.000 euros. En Baiona levaranse a cabo as obras de saneamento de Portelos-Baredo, Lameiriño, A Granxa, Sobreiro-Belesar e a pavimentación da rúa do Burgo por un importe total de 62.600 euros. Plan Provincial de Cooperación Con cargo ao Plan Provincial de Cooperación a Deputaicón investirá máis de 5,55 millóns de euros. Os cartos destínanse a mellorar servizos e infraestruturas nos concellos e estradas e camiños de competencia provincial. O Plan ten un triplo financiamento xa que achegan fondos a Deputación (30%), o Estado (40%) e os Concellos (30%). O PPC ten como obxectivo reducir os déficits de servizos existentes nos concellos, mellorar o estado de conservación da rede viaria de titularidade provincial e xerar postos de emprego en empresas locais, algo moi importante nun momento de crise económica como o que vive o país. Son obxectivos directos deste plan desenvolver actuacións en materia de alumeado público, mellora de pavimentos, abastecemento de augas, prevención e extinción de incendios, saneamentos, accesos ou ensanches de rúas. A distribución por concello das subvencións cifrouse en base a un módulo fixo, igual para todos os concellos, e outro módulo proporcional por aplicación do índice medio deducido do número de habitantes e a extensión territorial de cada termo municipal de modo que se teñan en conta variables como a dispersión poboacional ou o hábitat para que os veciños do rural poidan contar cos similares servizos que nas cidades e vilas.

CONCELLO OBRA TOTAL
MONDARIZ SANEAMIENTO EN EL BARRIO DE SANTA BAIA DO MATO PARROQUIA DE LOUGARES (MONDARIZ) 63.135,96
MONDARIZ-BALNEARIO ALCANTARILLADO EN CALLE RAMÓN PEINADOR 32.031,47
NEVES, AS ACCESO A LOS NÚCLEOS DE RODEIRO Y EXTREMA EN SAN JOSÉ DE RIBARTEME 56.314,76
SALCEDA DE CASELAS SANEAMENTO NÚCLEO REVOLTA(PARDERRUBIAS),VENDANOVA(SAN XURXO),POMAR DE SUSO(STA.Mª CARB 55.925,60
ARBO SANEAMIENTO EN SAN CRISTÓBAL DE MOURENTAN DESDE EL BARRIO DE LA IGLESIA A LA PORTELA 48.962,37
CAÑIZA, A ALUMBRADO PÚBLICO EN ACHAS, LUNEDA, VALEIXE, COUTO Y PARADA 34.021,20
CAÑIZA, A PAVIMENTACIÓN CALLE BRIABÍ Y TRANSVERSAL A LA CALLE ÁLVARO CUNQUEIRO 37.055,00
COVELO, O TRAÍDA DE AUGAS DE BUSTELO 71.243,17
CRECENTE ALUMBRADO PÚBLICO EN LOS BARRIOS: QUINTA(ANGUDES),LOBARIÑAS(CRECENTE),CAZAPAL(ALBEOS), 50.515,47
PONTEAREAS ALUMBRADO PÚBLICO EN LA PARROQUIA DE GUILLADE 108.756,63
SALVATERRA DE MIÑO ESTACIÓN DE BOMBEO DE AGUAS RESIDUAIS DE PESQUEIRAS 70.023,06

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: