Archivo | marzo 4, 2011

Favec: Sobre o acceso público aos Plenos.

  • O movemento veciñal oponse á prohibición de acceso ao Pleno a quen porte carteis ou a quen tivera participado presuntamente en incidentes previos. A Federación de Asociacións Veciñais de Vigo “Eduardo Chao” ven de remitirlle, a través do rexistro telemático do Concello, unha carta ao Alcalde na que lle demandan que proceda á rectificación urxente das medidas que se teñen adoptado dun tempo a esta parte e que dificultan o acceso da cidadanía ás sesións plenarias. Na misiva, o colectivo veciñal denuncia filtros policiais obxectivamente excesivos, rexistros abusivos e a identificación no acceso. Así mesmo rexeita con especial énfase a recente prohibición de acceder ao Salón de Plenos a quen porte carteis ou a quen presuntamente participase dalgún incidente no desenvolvemento dun Pleno anterior, medidas que cualifican de “arbitrariedades fondamente antidemocráticas que vulneran dereitos fundamentais”. Leer Más…

Feira das Antiguidades de Valença – Mostra de Raridades Luso-Galaixa-

Valença recebe a segunda Feira das Antiguidades, com a participação de mais de 60 expositores, domingo, 6 de Março, nas traseiras do edifício Lepanto, na Cidade Nova.    Milhares de objectos, com destaque para os mais diversos móveis, postais, discos, moedas, notas, linhos, utensílios de casa e agrícolas vão proporcionar as delícias de coleccionadores e simples curiosos pelas coisas antigas.  Esta é a segunda edição da Feira das Antiguidades, tendo a primeiro conseguido reunir mais de 50 expositores de vários pontos de Portugal e Espanha e contado com a visita de milhares de curiosos.  Esta feira decorre sempre no primeiro domingo de cada mês num recinto coberto previamente preparado para o efeito. O espaço contiguo à Rua Ibérico Nogueira foi preparado para dar apoio de parque ao evento.

    A organização é do Núcleo do Sporting de Valença.

O MUSEO DO MAR IMPULSA UNHA REDE DE TRABALLO CON OUTROS MUSEOS GALEGOS DE TEMÁTICA MARIÑA

 O director, Pablo Carrera, mantivo onte un encontro con representantes dos museos interesados en participar nesta iniciativa
O obxectivo é establecer actuacións conxuntas e sistemas de traballo comúns, entre eles o de inventario, que xa se está a desenvolver
O director do Museo do Mar de Galicia, Pablo Carrera, reuniuse onte con representantes doutros museos galegos dedicados á temática marítima. O obxectivo deste primeiro encontro, do que os asistentes fan un balance positivo, era coñecer as distintas propostas de actuación e establecer sistemas comúns de traballo, así como actuacións conxuntas en relación ao patrimonio marítimo galego e crear unha rede de Centros e Museos Marítimos de Galicia sen prexuízo das atribucións do Sistema Galego de Museos.
Nesta primeira reunión, celebrada no propio Museo do Mar de Galicia, en Vigo, constatouse a necesidade de coordinar as accións dos distintos museos e acordouse iniciar no sucesivo unha serie de mesas de traballo para continuar abordando estas cuestións. De feito, determinouse xa a temática da primeira destas mesas: a posta en marcha dun sistema de inventario común, ferramenta que xa se está a desenvolver no Museo do Mar de Galicia e que se estenderá ao resto.
A reunión contou con representación dos museos de A Guarda, Redondela, O Grove, o Museo Massó, o Museo Anfaco e da Rede de Museos de Lugo. Ademais, pese a non poder estar presentes, os de Rianxo e Baiona amosaron a súa dispoñibilidade para colaborar nesta iniciativa do Museo do Mar de Galicia. Por último, Museo que dirixe Pablo Carrera pon a disposición dos concellos e entidades as súas exposicións.

Obras Plan Cooperación Val Miñor

O investimento enmárcase dentro do Plan Provincial de Cooperación que permitirá mellorar o saneamento, o abastecemento de augas ou pavimentar rúas e accesos.- A Deputación de Pontevedra investirá 213.000 euros na comarca do Val Miñor en catro actuacións nos tres concellos da comarca. As obras están enmarcadas no Plan Provincial de Cooperación (PPC) e están encamiñadas a mellorar os servizos públicos e as infraestruturas da comarca. Leer Más…

IGNACIO LÓPEZ-CHAVES:”A XUNTA DE GALICIA NON TEN NOTICIAS DO PARQUE TEMATIZADO DE ABEL CABALLERO EN CASTRELOS”

O Director Xeral de Patrimonio Cultural afirmou hoxe no Parlamento que a Xunta non recibiu ningunha solicitude do Concello para o parque nin para a pasarela sobre o río Lagar. O deputado do PPdeG Ignacio López-Chaves manifestou que a Xunta de Galicia non ten noticia algunha da construción no parque de Castrelos dun parque tematizado, segundo indicou hoxe no tanscurso da Comisión de Educación e Cultura do Parlamento o Director Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta. Así mesmo, o representante da Xunta indicou que non se recibira soliticude algunha por parte do Concello de Vigo para a construción do parque tematizado nin para a construción de ningunha pasarela sobre o río Lagares Leer Más…

UN OPERATIVO DESENVOLVIDO NA AG-52 SÁLDASE CO COMISO DE MÁIS DE 2,5 TONELADAS DE AMEIXA BABOSA E XAPÓNICA

  • Neste labor de inspección participaron axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia e da Unidade Adscrita á Xunta de Galicia do Corpo Nacional de Policía
  • No dispositivo identificáronse 47 persoas e rexistráronse 30 vehículos

 Axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Mar, en colaboración con axentes da Unidade Adscrita á Xunta de Galicia do Corpo Nacional de Policía (UPA) realizaron na madrugada do mércores un operativo no que se comisaron 2.590 quilos de ameixa babosa e xapónica por ser de talla antirregulamentaria e por non ter a documentación en regra. Esta actuación, dentro da habitual colaboración dos Gardacostas coa UPA –dependente da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza- consistía en controlar a entrada de molusco en Galicia procedente de Portugal. Así, os axentes estableceron un control de inspección a vehículos na AG-52, concretamente na ponte internacional de Tui, en dirección a Galicia Leer Más…

Ayuntamiento de Porriño – Galicia

EL CONCELLO DO PORRIÑO ACOGE MAÑANA LA VELADA DE BOXEO POR EL TÍTULO DEL CAMPEONATO DEL MUNDO HISPANO DE PESO GALLO

El alcalde Nelson Santos y el concejal de Deportes, M. Alejandro Lorenzo, estuvieron presentes esta mañana durante el acto de pesaje oficial de los luchadores Iván Pozo y Adonis Rivas,

PORRIÑO INAUGURA MAÑANA LAS FIESTAS DEL CARNAVAL CON LA LECTURA DEL PREGÓN Y EL PRIMER GRAN DESFILE DE COMPARSAS

Los actos del carnaval porriñés más participativo y local de los últimos años se prolongarán hasta el miércoles, cuando tendrá lugar el entierro de la sardina 1.400 personas formarán parte de los desfiles de comparsas en el que participarán 21 agrupaciones, 20 de ellas compuestas por vecinos del municipio.

EL CONCELLO DO PORRIÑO YA HA INICIADO LAS OBRAS PARA CONVERTIR EL EDIFICIO DEL ANTIGUO JUZGADO EN LA CASA DE LA JUVENTUD

Con este proyecto se contribuye a la puesta en marcha de una obra pública en beneficio de todos los porriñeses y a la creación de puestos de trabaja, pues, enmarcado en el Obradoiro de empleo Val da Louriña III, en él se emplean y forman en materia de carpintería a 12 vecinos de Porriño  La Casa de la Juventud supondrá un nuevo punto de encuentro y reunión para los jóvenes porriñeses, un lugar en donde se desarrollarán actividades lúdicas, culturales y deportivas, se dispondrá de acceso a Internet y a las nuevas tecnologías en general y se acondicionará una sala de grabaciones y ensayos musicales  web www.concellodoporrino.net

Talleres de estimulación corporal, habilidades mentales y “arteterapia”, en el Centro de Mayores NCG de Vigo

  • Os obradoiros son gratuítos e están dirixidos a maiores de 55 anos
  • Farase unha demostración previa das tres actividades
  •  Novacaixagalicia iniciará durante as vindeiras semanas tres novos obradoiros dentro do programa de avellentamento activo que desenvolve nos catorce centros de maiores que ten repartidos por toda a xeografía galega. Estimulación corporal, habilidades mentais e arteterapia e creatividade son a nova oferta para os centros Don Bosco e Coia I, dirixida a todos os maiores de 55 anos interesados en recibir formación teórica e práctica en calquera destas disciplinas. Novacaixagalicia programará demostracións previas dos tres obradoiros que teñen carácter gratuíto. Leer Más…

IOLANDA VELOSO ACUSA AO PP DE “PRETENDER QUE AS MULLERES QUEDEN NA CASA A COIDAR OS NENOS E AS PERSOAS DEPENDENTES”

A candidata número 2 do BNG criticou que a Deputación de Pontevedra non financie o Centro de Emerxencia para mulleres maltratadas, que agora ten todas as prazas ocupadas   Carme Adán pide a retirada da “Lei de apoio á familia e á convivencia” e acusa a Núñez Feijóo de ser un “inimigo das mulleres”. A concelleira de Igualdade de Vigo, a nacionalista Iolanda Veloso, denunciou esta mañá en rolda de prensa que as administracións xestionadas polo PP (Xunta e Deputación de Pontevedra) están a emprender numerosos recurtes en materia de igualdade. Segundo a candidata número 2 do BNG para as vindeiras eleccións municipais, “o que se pretende con estas medidas é que as mulleres fiquen na casa, aturen os malos tratos e se dediquen a coidar dos nenos e das persoas dependentes”. Leer Más…

O PP DE SALCEDA IMPUGNA A CONVOCATORIA DAS PRAZAS DE ARQUITECTO E TÉCNICO DE EMPREGO LOCAL POLA IRREGULARIDADE DO PROCESO E O DESPILFARRO QUE ELO SUPÓN

O proceso é ilegal ao non aprobarse nin existir a Relación de Postos de Traballo (RPT) deste Concello As arcas municipais soportarían un gasto superior aos 43.000 euros anuais sen que isto supoña ningunha vantaxe, pois o servicio prestado será o mesmo que ata o de agora están a ofrecer as persoas que ocupan ditas prazas. Leer Más…