Talleres de estimulación corporal, habilidades mentales y “arteterapia”, en el Centro de Mayores NCG de Vigo

  • Os obradoiros son gratuítos e están dirixidos a maiores de 55 anos
  • Farase unha demostración previa das tres actividades
  •  Novacaixagalicia iniciará durante as vindeiras semanas tres novos obradoiros dentro do programa de avellentamento activo que desenvolve nos catorce centros de maiores que ten repartidos por toda a xeografía galega. Estimulación corporal, habilidades mentais e arteterapia e creatividade son a nova oferta para os centros Don Bosco e Coia I, dirixida a todos os maiores de 55 anos interesados en recibir formación teórica e práctica en calquera destas disciplinas. Novacaixagalicia programará demostracións previas dos tres obradoiros que teñen carácter gratuíto. O obradoiro de estimulación corporal desenvolverase entre o martes 15 de marzo e o martes 24 de maio no centro Don Bosco, entre as 10.30 e as 12.00 horas. A sesión demostrativa será o luns, 14 de marzo. O obxectivo do obradoiro será unha experimentación sinxela e directa dos elementos corporais que permiten estimular a corporalidade dun xeito global coma o ton muscular, o equilibrio global, a expresión corporal ou a respiración. As datas do obradoiro de habilidades mentais son dende o 15 de marzo ata o 24 de maio, todos os martes de 16.30 ás 18 horas. A sesión demostrativa será o luns 14 de marzo, no centro COIA I, dende as 16.30 ás 18 horas. Con esta actividade quérense exercitar dun xeito ameno e variado os recursos intelectuais, co apoio dun fondo didáctico extraordinario pola súa cantidade e variedade. O obxectivo é estimular e fixar a atención e a memoria dende a evocación das vivencias persoais, as reminiscencias. No último dos obradoiros e arteterapia e creatividade, faranse actividades como pintura ao óleo, en tea, recuperación de obxectos persoais ou iniciación á cromoterapia. A actividade presentarase os días 7 de marzo ás 10.30 no Centro Novacaixagalicia Don Bosco e o 10 de marzo ás 16 horas no Centro Novacaixagalicia de Coia I ás 16 horas. A actividade iniciarase o día 10 de marzo no centro de Don Bosco e o día 14 marzo no centro de Coia. Obra Social Novacaixagalicia intervén no eido das persoas maiores con actuacións que afrontan o proceso de avellentamento coma un tempo de cambios, que erradican os estereotipos negativos asociados ao concepto de vellez e que favorecen a súa integración na sociedade.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: