UN OPERATIVO DESENVOLVIDO NA AG-52 SÁLDASE CO COMISO DE MÁIS DE 2,5 TONELADAS DE AMEIXA BABOSA E XAPÓNICA

  • Neste labor de inspección participaron axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia e da Unidade Adscrita á Xunta de Galicia do Corpo Nacional de Policía
  • No dispositivo identificáronse 47 persoas e rexistráronse 30 vehículos

 Axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Mar, en colaboración con axentes da Unidade Adscrita á Xunta de Galicia do Corpo Nacional de Policía (UPA) realizaron na madrugada do mércores un operativo no que se comisaron 2.590 quilos de ameixa babosa e xapónica por ser de talla antirregulamentaria e por non ter a documentación en regra. Esta actuación, dentro da habitual colaboración dos Gardacostas coa UPA –dependente da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza- consistía en controlar a entrada de molusco en Galicia procedente de Portugal. Así, os axentes estableceron un control de inspección a vehículos na AG-52, concretamente na ponte internacional de Tui, en dirección a Galicia. Os axentes, que inspeccionaron camións e furgonetas tipo isotermos e tamén algúns turismos, comisaron 1.480 quilos de ameixa babosa e xapónica por ser de talla antirregulamentaria e por ter a documentación incorrecta e manipulada. Ademais, tamén requisaron outra partida de 900 quilos de ameixa de talla ilegal e que non posuía ningún tipo de documentación e fixéronse con 210 quilos de ameixa xapónica por non ter a documentación en regra. A maiores do marisco comisado, a actuación saldouse con 30 vehículos rexistrados, 47 persoas identificadas, 7 actas de inspección e 4 de presunta infracción. A mercadoría foi destruída ao carecer da documentación que ampara a súa legalidade.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: