A SECRETARÍA XERAL DE MEDIOS LEMBRA QUE O REPETIDOR DE DARBO É TITULARIDADE DO CONCELLO DE CANGAS E QUE É ESTE QUEN DEBE ASUMIR A SÚA REPARACIÓN E MANTEMENTO

  • Canto tivo constancia das primeiras queixas dos veciños pola mala recepción da TDT, notificoulle ao concello que o equipo que este ten no centro emisor de Mesa de Monte estaba funcionando de xeito incorrecto
  • Sinala que o centro emisor en Mesa de Monte non se contemplou na planificación fa dixitalización do Ministerio, xa que estaba dixitalizado polo propio Concello de Cangas moito antes de producirse o apagado analóxico
  • A Secretaría Xeral de Medios envioulle ao Concello toda a información necesaria para regularizar a situación administrativa do seu repetidor, sen que obtivese resposta por parte da Administración local

A Secretaría Xeral de Medios lémbralle ao Concello de Cangas que o repetidor de Darbo, situado no centro emisor de Mesa de Monte, é de titularidade municipal, xa que foi o propio concello o que contratou a súa instalación, moito antes, lembra, de que se producise o apagado analóxico. Polo tanto, ao ser da súa propiedade, o Concello é responsable do seu mantemento e correcto funcionamento. Desde a Secretaría Xeral de Medios actuouse desde o primeiro momento en que se tivo constancia, a través dos medios de comunicación, das primeiras queixas dos veciños de Aldán pola deficiente recepción dalgúns canais da TDT. A partir deste momento, a Xunta de Galicia notificoulle ao Concello de Cangas que o equipo que ten situado en Mesa de Monte estaba a funcionar de xeito incorrecto, para que procedese á súa reparación e así os veciños da zona dispuxesen  dunha boa recepción da TDT. Ademais, a Secretaría Xeral de Medios envioulle ao Concello de Cangas toda a información necesaria para regularizar a situación administrativa do seu repetidor, tal e como recolle o Real Decreto 944, polo que se aproba o Plan Nacional de Televisión Dixital Terrestre. Por iso, a Secretaría Xeral de Medios considera, sorprendente, non só que o Concello de Cangas non se faga cargo do que instala pola súa conta, senón que, sen mediar ningún tipo de colaboración ou convenio coa Xunta, e sen sequera contestar aos escritos desta Secretaría Xeral, queira facer responsable á Administración galega dos problemas propios. De igual xeito, resulta curioso que o Concello de Cangas anuncie nos medios de comunicación a presentación dunha denuncia ante o xulgado contra a Consellería de Economía e Industria, cando este departamento autonómico non ten as competencias nesta materia.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: