ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA PARTICIPAR NO FORO DE INVESTIMENTO GALICIA

Os empresarios ou emprendedores que desexen participar no Foro de Investimento Galicia AT Venture, ben para presentar o seu proxecto na procura de investidores, ben como asistentes, xa poden inscribirse a través da web http://www.foroinversiongalicia.com/, onde se pode acceder a toda a información sobre os obxecvtivos deste Foro e as distintas posibilidades que ofrece para investidores e emprendedores.
 Poden participar proxectos de emprendedores que conteñan elementos innovadores e alto potencial de crecemento susceptibles de recibir financiamento de Business Angels ou Capital Risco. Con carácter previo o desenvolvemento do foro, ofrecerase os proxectos finalistas dúas xornadas de venture academy,  que incluirá un taller de presentación de proxectos a investidores, onde tamén se exporán casos de éxito de start-up galegas descritos polos seus propios emprendedores ou inversores. Os emprendedores que desexen participar poden enviar os seus proxectos dende a citada Web.
  No Foro de Investimento Galicia, que se desenvolverá o próximo 13 de abril, terá lugar a presentación dos 8 proxectos finalistas, ao tempo que haberá unha mesa redonda con participación de membros de redes de investidores en Galicia como Bang, Uniban ou InnoBAN. Tamén haberá unha conferencia de Alejandro Suárez Sánchez-Ocaña, empresario e Business Angel, sobre o que busca un investidor nun proxecto.
 O foro está aberto, previa a correspondente inscrición, aos emprendedores e empresarios que desexen asistir.
  O Foro de Investimento Galicia desenvólvese no marco do programa europeo AT Venture que persegue a promoción e desenvolvemento de empresas innovadoras, así como a súa difusión e mellora do acceso aos instrumentos de financiamento destas start-ups, especialmente sociedades e redes de investimento privado .www.igape.es

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: