FEIJÓO APELA AO ESPÍRITO DA ‘ARRIBADA’ PARA REMARCAR A IMPORTANCIA DA BUSCA DE “NOVOS HORIZONTES QUE NOS DEAN NOVOS INSTRUMENTOS PARA SAÍR ADIANTE”

“Cómpre entender que ese mundo que se internacionaliza nos ofrece novas oportunidades para facer máis forte a nosa galeguidade”, asegurou o presidente da Xunta na conmemoración do DXVIII aniversario da chegada da Carabela Pinta a Baiona.-

  • Destaca o que Galicia lle debe á outra beira do Atlántico, a través da cal “nos convertemos nunha terra que non levanta muros, senón que tende pontes para que entre unha luz nova”

 O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, apelou hoxe ao espírito da ‘Arribada’ para subliñar a importancia de comprender a importancia da internacionalización e da procura de novos camiños para superar as dificultades. “O noso patriotismo ha de sustentarse en tempo futuro, na busca de novos camiños, novos horizontes, que nos dean novos instrumentos para saír adiante”, afirmou o titular da Xunta, quen esta mañá presidiu os actos conmemorativos do DXVIII aniversario da arribada da Carabela Pinta a Baiona. Feijóo apuntou que cando se produciu aquel feito histórico ninguén o recibiu “como unha ameaza, senón como unha oportunidade”, xa que “non se perturbaron as nosas orixes, nin rexeitamos coñecer o novo horizonte, senón que optamos por ampliar de forma natural a nosa identidade para enriquecernos”. Nese sentido, sinalou a importancia de conmemorar a festa da ‘Arribada’, especialmente tendo en conta que “o mundo actual require tamén de certo espírito aventureiro”, e resaltou que “ese mundo que se internacionaliza, nos ofrece novas oportunidades para facer máis forte a nosa galeguidade”. “Os desafíos destes días volven poñer a proba a enerxía, a resistencia e a capacidade para traballar xuntos”, salientou o presidente da Xunta, que animou a facelo aproveitando as nosas potencialidades, como a que supón para Galicia ser centro entre Europa e América. Na súa intervención, o xefe do Executivo autonómico puxo en valor a débeda de Galicia coa outra beira do Atlántico, a través da cal, dixo, “nos convertemos nunha terra que non levanta muros, senón que tende pontes para que entre unha luz nova”. Así, afirmou que “todos temos aquí, en Baiona, un lugar de obrigada veneración para renovar enerxías e poñer de manifesto que abrir camiños é –como hai tantos séculos- a resposta”.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: