O PP DE REDONDELA INSTA AO CONCELLEIRO DE TRÁFICO A QUE ACONDICIONE DE INMEDIATO ZONAS PARA APARCAMENTO NA CONTORNA DE VILAVELLA OU DO CENTRO DE SAÚDE

  • A falta de aparcamento é un problema que leva arrastrando a vila durante moitos anos, que afecta á economía local e ao medio ambiente, ademais de a todos os condutores, veciños e visitantes, que se achegan a Redondela e ante o cal o Concello non adopta solución algunha a pesar de ter recoñecido a gravidade do problema

O Partido Popular de Redondela preme ao Goberno local para que tome medidas que arranxen a falta de aparcamento na vila. Este problema fai que aumenten en gran medida o colapso e o tráfico de vehículos que se produce a diario nas entradas e saídas de Redondela. “Uns atascos que repercuten á súa vez moi negativamente no comercio e na hostalería local, ademais de contaminar o medio ambiente, afectando á calidade de vida dos veciños provocando ruídos e tamén un maior gasto de combustible”, explica Javier Bas, presidente da Xestora local do PP e candidato á Alcaldía. A falta de espazos onde aparcar é un problema que Redondela arrastra desde sempre, “pois ao crecemento desordenado das edificacións, habemos de sumar a falta de actuación no ámbito dos aparcadoiros en superficie, cuxa insuficiencia non é posible soportar ano tras ano coma se non fose este un problema sen consecuencias”. Desde o PP de Redondela lembran que o Bipartito local, recoñecendo a existencia deste problema, prometeu non fai moitos meses habilitar e acondicionar determinadas zonas como aparcadoiros en superficie para tratar na medida do posible a escaseza de prazas no núcleo urbano da vila. “Nós mesmos propuxemos en varias ocasións que parcelas como a que inicialmente se ía a destinar ao Auditorio municipal, que de momento non coñecemos se vai executarse ou non, sexan adaptadas para que alí, a falta doutra ocupación, póidase aparcar”. Os populares recordan ademais que en anteriores programas electorais do PSOE “ocupáronse de facernos chegar a idea de que poderían funcionar unha serie de aparcadoiros disuasorios á entrada dos núcleos urbanos de Chapela e da propia Redondela, beneficiando así a boa circulación e paliando os atascos. Pois ben, ata hoxe ningunha destas medidas se levou a cabo”.

REDONDELA

O PP insta ao dirixentes municipais a que solucionen de inmediato este problema que están a sufrir todos os redondeláns e todos os que se acerquen a vila. Nesta liña, os populares amósanse dispostos a contribuír neste asunto indicando posibles alternativas reais como unha parcela na zona de Vilavella, na que sería posible acomodar un número bastante elevado de prazas de aparcamento. “Pedimos ao señor Reguera que se poña mans á obra e axilice, dentro das súas posibilidades a materialización destes aparcadoiros, que utilice as súas ferramentas e poña un pouco máis de orde no tráfico e control de accesos a Redondela, e que dedique máis tempo a ver e escoitar os problemas dos veciños, que levan padecendo a falta de actuación nesta materia bastantes anos”, conclúe Bas.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: