COMEZA O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA A “PEQUERRUTA POLO LAGARES” E A “RUTA DO FOXO DO LOBO”

Na pequerruta polo Lagares”, que se celebra o 12 de marzo, será preciso facilitar os datos dos rapaces telefonicamente no 010 pero tamén entregar o día da saída un consentimento informado.

  • “Na ruta do Foxo do Lobo” haberá que preinscribirse no 010 ata o 11 de marzo. Os preinscritos deberán asistir a unha reunión informativa que terá lugar en Vigozoo o 15 de marzo.
  •  O vindeiro luns 7 de marzo comeza o prazo de inscrición para as actividades “Pequerruta polo río Lagares” e “Ruta pola Serra do Suído ao Foxo do lobo”, coas seguintes peculiaridades:   “Pequerruta polo río Lagares”  -12 de marzo-: Nesta actividade para rapaces de 8 a 17 anos a Concellería que dirixe a socialista Chus Lago organiza unha ruta  dende o Parque de Castrelos ata a Foz do Lagares, onde os rapaces aprenderán de xeito lúdico as características principais do río, os humedais que conviven no seu percorrido e as aves máis importantes deste hábitat. Para inscribirse é preciso facilitar telefonicamente os datos dos rapaces no servizo de atención ao cidadán 010, ademais de entregar aos responsables o propio sábado 12 de marzo o consentimento informado. A convocatoria será na Praza do Rei ás 09:45 horas, con hora estimada de regreso ao mesmo punto ás 14:30. “Ruta pola Serra do Suído ao Foxo do Lobo” -20 de marzo-: Considérase unha das máis significativas rutas de todo o programa Camiño a Camiño, pola excepcionalidade dos paraxes que se contemplan ao seu paso, ademais de polo estado de conservación dalgunha das zonas a percorrer. Ao longo do tramo, os participantes poderán atopar marcas de numerosos animais en estado salvaxe, e gran cantidade de flora autóctona dos bosques galegos. A convocatoria farase na Praza do Rei ás 09:00 horas, con hora estimada de regreso ao mesmo punto ás 15:00. A inscrición desta ruta precisa de dous requisitos: por un lado a preinscripción telefónica no servizo de atención ao cidadán 010, dende o luns 7 ao venres 11 de marzo. O segundo será a inscrición presencial e reunión informativa no auditorio de Vigozoo o martes 15 de marzo, ás 20 horas. Nesta reunión, que será exclusiva para os participantes preinscritos, explicaranse os criterios de protección do medio que se vai visitar, ademais do equipamento necesaria e os trámites para abonar a parte da viaxe non subvencionada polo Concello de Vigo -5 euros-

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: