O Alcalde da Guarda, X.M. Freitas, recoñece ao BNG que gastou máis de 8.000 € nos calendarios de nadal

Para o BNG hai algo de mala conciencia e nerviosismo por parte do Alcalde, con tanta xustificación do gasto realizado”  O BNG amosa a súa sorpresa ante a disparidade das cifras dadas polo Alcalde X.M. Freitas, que no pleno de xaneiro falaba dunha primeira edición de calendarios por valor de 3500 € e recoñece case mes e medio despois que a cantidade é de case 6000 €.
O pasado 21 de decembro o BNG presentou un escrito por rexistro onde se preguntaba polo custe do calendarios repartidos naquel momento por parte do concello. Ante a falta de contestación por parte do goberno municipal o Portavoz do BNG, Xan Lois Lomba, volveu reiterar as preguntas no pleno de xaneiro, contestando o Alcalde, X.M. Freitas, que houbera dúas edicións e que a primeira tivera un custo de 3500 €. O BNG, ante a falta de datos, volveu remitir un escrito ao Alcalde que foi contestado con máis dun mes despois onde as cifras cambiaban ostensibelmente. De feito, a primeira tirada non custou os 3500 € que nun primeiro momento se dixeran se non 5.782 €, e o custe total foi de 8.356 €.
O escrito chegou ás mans do BNG o día 1 de marzo, e apenas 24 horas despois, emítese unha nota de prensa preventiva dende o Concello, ante unha posíbel contestación do BNG, algo que nunca antes sucedera.
“Esta forma de actuar demostra que hai algo de mala conciencia e nerviosismo por parte do Alcalde da Guarda e do seu grupo de goberno, con tanta xustificación do gasto realizado”, comentou Xan Lois.
Calquera que lle bote unha ollada ao calendario sabe ben diferenciar entre obras que hai que vender e lugares de interese, entre a idoneidade ou non desta iniciativa, o que é xa máis difícil é xustificar que isto se faga con cartos públicos para os tempos que corren.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: