O BNG pide un pleno extraordinario para aclarar a orixe da contaminación da auga en Tui e depurar responsabilidades.

O Bloque Nacionalista Galego pedirá a celebración dun Pleno extraordinario para aclarar as verdadeiras razón polas cales durante unha semana a auga de Tui estivo contaminada e non foi apta para o consumo. Os feitos remóntanse ao día 24 de febreiro de 2011 cando o Alcalde de Tui emite un Bando Municipal no que literalmente “desaconsella beber auga da traída durante un días por tarefas de limpeza dos depósitos Ese mesmo día no Pleno ordinario do Concello os concelleiros do BNG tentaron descubrir cales foran as razóns para emitir ese Bando. O Alcalde reiterou que o Bando respondía a unha situación normal e preventiva producida pola limpeza anual dos depósitos de auga na que, por se acaso, se desaconsellaba o consumo da auga para beber. Pero ante as preguntas do BNG as súas declaracións comezaron a mostrar contradicións moi importantes: 1º) se a limpeza anual estaba xa prevista por qué non se avisou a poboación con antelación de forma que poidese comprar auga antes de declarar a auga non apta para o consumo? 2º) se a limpeza anual estaba xa prevista por qué non se emitiu o Bando municipal antes de comezar as labores de limpeza no “depósito de auga bruta” (que xa comezara un día antes)? O BNG puxo en evidencia que o Alcalde de Tui estaba ocultando información extremadamente relevante á poboación: a auga non era apta para o consumo porque estaba contaminada por trihalometanos segundo xa lle comunicara a el a Consellería de Sanidade. A contaminación da auga por este produto químico altamente tóxico constaba na notificación que a Consellería de Sanidade remitira o 23 de febreiro aos tres concellos afectados polo suministro da auga dos depósitos de Tui: Tui, Tomiño e A Guarda. O Alcalde non soamente ocultou esta información aos veciños e veciñas de Tui senón que mentiu ao ser preguntado polas verdadeiras razóns do Bando Municipal. O BNG entende que é inadmisible que un Alcalde oculte á cidadanía un feito de tan grave repercusión para a saúde pública de case 40.000 persoas. O resto do ocorrido no Pleno non ten cualificativos nunha democracia representativa: Rocha, cabreado porque o BNG o puxera en evidencia ameazou con “cortarlle a auga aos de Tomiño” aludindo claramente ao feito de que ese era un concello gobernado polo BNG. Por si fora pouco o concelleiro do PP Manuel González, nun alarde de irresponsabilidade extrema, invitou a poboación a beber a auga que quixeran. Pouco despois o Alcalde retiroulle a palabra aos dous concelleiros do BNG en Tui: a Carme Verde que estaba preguntando e ao Portavoz municipal do BNG, Laureano Alonso, nada mais tomar a palabra. O BNG denuncia publicamente a actitude autoritaria de Rocha quen cre que pode calar cando lle peta aos concelleiros do BNG para evitar que a poboación saiba a verdade. Xustamente para saber a verdade do acontecido, o BNG pide un Pleno extraordinario no que se aclare realmente por qué se contaminou a auga. Por qué existía nalgún dos depósitos de augas uns 70 cm. de lodo acumulados, tal e como indicou Rocha? Realizáronse correctamente as labores de mantemento e limpeza os meses antes da contaminación? As persoas contratadas polo Concello durante ese tempo para realizar as labores de mantemento tiñan as capacidades e os títulos axeitados para traballar alí? O BNG espera que Rocha teña a dignidade que se lle presupón a un alcalde para responder a estas e outras preguntas e dicir dunha vez por todas a verdade: a auga non se podía beber non polas “tarefas de mantemento anual” dos depósitos senón porque alguén non fixo ben o seu traballo provocando a contaminación da auga potable para 40.000 persoas.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: