O DOG PUBLICA HOXE A LICITACIÓN DAS OBRAS DE REFORMA E AMPLIACIÓN DO CEIP O POMBAL, NO QUE SE INVESTIRÁN 572.000 EUROS

  • A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria abre un prazo de 26 días naturais para que as empresas interesadas en executar os traballos presenten as súas ofertas.
  • A delegada da Xunta en Vigo, Lucía Molares, presentou o proxecto de reforma e ampliación do centro educativo ao equipo directivo e aos pais e nais do colexio o pasado 16 de febreiro.
  • O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou hoxe a resolución pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada, da contratación da obra de reforma e ampliación do CEIP O Pombal. A partires de agora, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria abre un prazo de 26 días naturais dende o día seguinte ao da publicación da resolución no DOG para que as empresas interesadas en executar estes traballos presenten as súas ofertas. A delegada territorial da Xunta en Vigo, Lucía Molares, foi a encargada de presentar o proxecto definitivo do centro educativo á dirección do colexio e aos pais e nais dos alumnos e alumnas o pasado 16 de febreiro e, coma sinalou en aquela ocasión, a licitación dos traballos sería inmediata, coma así se reflexa coa publicación hoxe no DOG. Cun investimento de 572.000 euros, os traballos de reforma do centro educativo contan cun prazo de execución de seis meses e permitirán gañar unha superficie de 370 metros cadrados. O proxecto suporá unha reforma integral do edificio co obxectivo de ampliar o centro para dotalo dun novo comedor escolar e mellorar os espazos actuais. A actuación pasa así polo acondicionamento da planta baixa para ampliar o comedor escolar, que pasará a ter unha superficie de 118 m2 co fin de acoller ao redor de 100 nenos e nenas. Ademais, na mesma planta baixa realizaranse traballos para mellorar a accesibilidade coa eliminación de barreiras arquitectónicas ademais de dotar a zona con tres aseos –dous de eles adaptados- co obxectivo de cumprir coa normativa establecida. Pola súa banda, na primeira planta se reubicarán os espazos actuais para contar cun local para a Anpa e a zona de dirección ademais de realizar un cambio de cuberta mentras que a segunda planta verase ampliada en 370 m2 co fin de ubicar cinco novas aulas –dúas de elas serán trasladadas da planta baixa (música e inglés)- ademais de contar con outra aula de primeiro ciclo así coma dúas aulas polivalentes.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: