O MUSEO DO MAR CELEBRA O SEU ENTROIDO MARIÑEIRO CUN AMPLO PROGRAMA DE ACTIVIDADES

Os obradoiros de Entroido terán lugar mañá e o mércores no propio Museo e en Salinae entre as 11.00 e as 13.30 horas
O Entroido chega tamén estes días ao Museo do Mar de Galicia. Faino a través dunha serie de actividades que se realizarán mañá e o mércores en horario de mañá e dirixidas, nesta ocasión, exclusivamente ao público infantil.
O Museo aposta por organizar un Entroido Mariñeiro para os máis pequenos, o que supón unha serie de actividades lúdicas e didácticas que achegarán aos nenos e nenas asistentes ao mundo do mar mediante a creación dos seus propios disfraces e máscaras. Os materiais para a confección dos disfraces será proporcionado polo Museo, mentres que os nenos soamente terán que achegar a merenda.
En canto a Salinae, as súas actividades de Entroido estarán en consonancia coa súa temática, de maneira que se elaborarán disfraces de época romana para que os participantes poidan coñecer mellor a vestimenta, o calzado e a xoiería desta época.
Tanto as actividades que se desenvolverán no propio Museo do Mar coma aquelas que terán lugar en Salinae comezarán ás 11.00 horas e finalizarán ás 13.30. No primeiro caso, están dirixidas a nenos de idades comprendidas entre os cinco e os doce anos – haberá dos gupos: de cinco a oito e de nove a doce-, mentres que no segundo, destínanse a rapaces de seis a dez anos.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: