“A AUSTERIDADE DE FEIJÓO CONSISTE EN SER AUSTEROS COAS PERSOAS QUE PRECISAN ASISTENCIA SANITARIA”, AFIRMA SANTI DOMÍNGUEZ

O candidato do BNG á alcaldía de Vigo denunciou a discriminación da área sanitaria Sur en materia de atención primaria e o esperpéntico espectáculo” dos salarios de Povisa Carme Adán pide “igualdade de trato para todos os cidadáns” e demanda que a Xunta explique cales van ser as dimensións do novo hospital de Vigo . O candidato do BNG á alcaldía de Vigo, Santi Domínguez, criticou duramente a política sanitaria os recortes sociais emprendidos polo goberno de Alberto Núñez Feijóo. “Baixo as proclamas de austeridade, austeridade e austeridade, o que conseguiu o goberno do PP na Xunta é ser austeros na prestación de servizos que todos os cidadáns galegos e vigueses teñen dereito a recibir”. “Desde que chegou Feijóo á presidencia da Xunta, os recortes sociais son unha constante”, enfatizou. Segundo o tenente alcalde da cidade, Vigo e a súa comarca están a recibir unha constante discriminación en servizos básicos como a sanidade, a educación, a cultura, o deporte ou as políticas de igualdade “por motivos partidistas”. No tocante á sanidade pública, sinalou a gravidade da paralización do plano de atención primaria para a área Sur de Pontevedra, que inclúe a Vigo, destacando que “a mellora da atención primaria é unha das demandas fundamentais dos cidadáns, e evita moitas veces que se sature a ocupación hospitalaria”. Dominguez recordou as moblizacións da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública, “nas que participaron asociacións, sindicatos e persoas de distintas ideoloxías”, como exemplo do descontento cidadá cara a política sanitaria da Xunta de Galicia. “Esperpéntico espectáculo” de Povisa Así mesmo, criticou o “esperpéntico espectáculo” que pesou sobre o pago dos salarios de Povisa e as consecuencia e sinalou que a Xunta debe cumprir as súas obrigas, independentemente do proceso das negociacións entre partes, lembrando que “non se pode deixar a 140.000 persoas a mercede das liortas entre unha empresa e a Xunta”. O candidato nacionalista sinalou que “mentres non hai cartos para pagar aos traballadores e traballadoras de Povisa, a Consellaría de Sanidade vén de gastar 1 millón de euros en publicidade”. Para rematar, o dirixente nacionalista lembrou que o BNG segue apostando por que o novo hospital de Vigo permita que todos os cidadáns da área sur reciban cobertura na sanidade pública, incluídos os que agora son atendidos mediante o concerto con Povisa. Carme Adán pide que o novo hospital garanta atención completa a todos os cidadáns Na mesma liña se expresou Carme Adán, quen esixiu que se “garanta a igualdade de trato entre cidadáns”. Lembrou que Povisa atende na actualidade 140.000 cartillas sanitarias, referentes ao Val Miñor, Coia e Morrazo e que neste hospital non hai servizo de pediatría e se está a reducir o persoal de urxencias. Sinalou ademais, que a área sanitaria Sur de Pontevedra é “a única que sofre esta discriminación, con parte da poboación sendo atendida nun hospital privado”. “Moitos pacientes están preocupados por esta situación, e máis tras a polémica dos salarios, polo que se poñen en contacto con nós”, asegurou na rolda de prensa a deputada viguesa do BNG. Os nacionalistas pretenden, mediante unha proposición non de lei, que o Sergas “vele polo cumprimento do acordo acadado na prórroga do concerto sanitario, o respecto polo cadro de persoal e o mantemento do nivel asistencial prestado polo hospital privado de Povisa, asegurando que dita asistencia sexa nos mesmos niveis e características que se presentan na rede pública”. Para rematar demandou que a Xunta informe definitivamente sobre as características do novo hospital de Vigo, que segundo Adán, debe “garantir a atención pública a todos os cidadáns, incluíndo as 140.000 persoas hoxe excluídas”.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: