HERNÁNDEZ SALIENTA QUE O COMPROMISO DA XUNTA CO CASCO VELLO DE VIGO TERÁ CONTINUIDADE NUN NOVO CONVENIO PARA AVANZAR NA REHABILITACIÓN E POSTA EN VALOR DESTA ZONA EMBLEMÁTICA DA CIDADE

HERNÁNDEZ SALIENTA QUE O COMPROMISO DA XUNTA CO CASCO VELLO DE VIGO TERÁ CONTINUIDADE NUN NOVO CONVENIO PARA AVANZAR NA REHABILITACIÓN E POSTA EN VALOR DESTA ZONA EMBLEMÁTICA DA CIDADE

  • O convenio en vigor permitiu adquirir 44 edificios dos que 15 xa están totalmente rehabilitados
  • Na actualidade están rehabilitadas un total de 52 vivendas e ao longo do presente ano agárdase ter rematadas preto dun centenar
  • As 19 primeiras vivendas rehabilitadas foron sorteadas o 3 de marzo de 2011
  • Este mes de marzo se iniciará o procedemento para un novo sorteo de 16 vivendas rehabilitadas, situadas nas rúas Abeleira Menéndez e Cruz Verde
  • O Consorcio do Casco Vello Vigo (CCVV está integrado polo Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), que aporta o 90 dos investimentos,  e o Concello de Vigo. O obxectivo desta entidade é a adquisición de terreos e inmobles para a súa rehabilitación
  •  O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, na súa visita as obras de rehabilitación das vivendas contempladas no Consorcio do Casco Vello de Vigo (CCVV), anunciou hoxe que a Xunta dará continuidade ao convenio, cuxa  vixencia remata este ano. Ademais dos ingresos provenientes da venda de inmobles rehabilitados, comprometeuse a dispoñer novos fondos propios da Consellería para dar continuidade ao Consorcio do Casco Vello e ao seu labor no eido da rehabilitación e posta a disposición de vivendas para os veciños desta cidade. Reiterou que o actual Goberno da Xunta aposta por seguir impulsando a rehabilitación do casco vello, xa que é unha zona emblemática e histórica da cidade que é preciso poñer en valor para, á súa vez, xerar oportunidades de vida e de actividade económica. Agustín Hernández, acompañado pola delegada da Xunta en Vigo e presidenta da Consocio do Casco Vello de Vigo, Lucía Molares, fixo balance do convenio (a piques de rematar a súa vixencia), que se traduciu nun investimento de 30 millóns de euros, dos cales a Xunta aportou un 90% (27 millóns de euros), e o Concello de Vigo o 10% restante, é dicir 3 millóns de euros. Este orzamento permitiron adquirir 44 inmobles, dos cales 15 xa están totalmente rehabilitados. Un total de 13 locais comerciais xa están dispoñibles, co obxectivo de fomentar a actividade empresarial neste zona, e 52 vivendas xa son habitables (35 para venda a prezo concertado, 11 para aluguer e 6 para realoxos). De feito, lembrou que no mes de febreiro deste ano se sortearon as 19 primeiras vivendas de promoción pública rehabilitadas. Estes inmobles están ubicados na rúa Abeleira Menéndez 11-13-15, na rúa Santiago 11-13-15-17-19e na rúa Real,16.

 

INMOBLES REMATADOS ENTRE 2009-2010    
UBICACIÓN VIVENDAS LOCAIS COMERCIAIS
Real, 25 3 (para realoxos) 1
Real, 16 3 1
Abeleira Menéndez, 11 1 1
Abeleira Menéndez, 13-15 6 2
Abeleira Menéndez, 24-26 6 2
Abeleira Menéndez, 18-20 4 1
Santiago, 19 1 1
Santiago, 11-13-15-17 8 3
Crus Verde, 5 6 2
Ferraría-Subida Castelo 14 (3 realoxos)  
TOTAL 52 14

Inmobles en execución

O conselleiro recordou que na actualidade traballase na execución de 9 locais comerciais e 42 vivendas, da cales 9 están iniciadas, 15 licitadas e 18 en fase de proxecto. Hernández sinalou que antes de que finalice o ano 2011 se porán en marcha preto dun centenar de vivendas. As obras nas vivendas situadas nas rúas Ferraría e San Sebastián comezaron o pasado mes de febreiro.    

Obras en execución    
UBICACIÓN VIVENDAS LOCAIS COMERCIAIS
Rúa Ferraría, 11-13-17-19 9 1
Rúa San Sebastián, 1-3-5-7    
San Sebastián, 8-12-14 4 1
Hortas 10-11 5  
Ferraría 25-27-29-31 6 4

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: