Noticias del Ayuntamiento de Vigo – 08-03-11


Abel Caballero será o primeiro alcalde de España en utilizar pola cidade un coche oficial 100% eléctrico

Desde este martes, o alcalde de Vigo empregará un coche 100% eléctrico para os desprazamentos oficiais pola urbe, porque estamos “nun momento crítico de loita contra a contaminación e o cambio climático”. O modelo é un Peugeot iOn -que será substituído en próximas datas por un Citroën C-Zero- e ten autonomía para 120 quilómetros. “Cremos que debería xeralizarse” e que “todos os cargos públicos de todas as administracións” deberían empregalo eléctrico cando precisen do coche.


Vigo plantexa un anel de circulación con puntos de recarga e facilidades de circulación para os coches eléctricos

O alcalde, Abel Caballero, informou este martes que o proxecto europeo Civitas Plus II -que lidera con outras tres cidades europeas- incluirá o establecemento dun anel de circulación con facilidades para os vehículos eléctricos, tanto con exencións de pago na zona azul como con puntos de recarga e desprazamento polos carrís bus. A iniciativa europea solicita 12 millóns de euros, dos que agárdanse conseguir 9 e destinar 4,5 millóns para Vigo.

 


Caballero presidiu en Vigo o Comité Executivo da Rede Española de Cidades polo Clima que estableceu as liñas de actuación para 2011

O alcalde de Vigo e Presidente da Rede Española de Cidades polo Clima, Abel Caballero, presidiu a reunión do Comité e adiantou as liñas de actuación da entidade para este ano, que incorpora medidas de promoción do coche eléctrico, o eventual Premio Nacional do Clima, iniciativas relativas á biomasa e sistemas de acumulación e distribución común de enerxía para varios edificios.


O pleno celebra o Día Internacional da Muller e insta a seguir loitando pola igualdade e o mantemento dos dereitos acadados

A concelleira de Igualdade e presidenta do Consello Municipal da Muller, Iolanda Veloso, presidíu este martes o pleno conmemorativo do Día Internacional da Muller, que contou coa participación de representantes dos diferentes colectivos que o integran. Iolanda Veloso asegurou que é preciso “seguir reivindicando moitas melloras para acadar a igualdade real entre homes e mulleres” e fixo un chamamento a participar nas actividades propostas ao longo do mes.


O alcalde afirma que a axuda do Ministerio de Industria á automoción “ten en conta as necesidades desta cidade”

O Ministerio de Industria fixo pública onte luns as asignacións de axudas á automoción en España, e o grupo PSA Peugeot Citroën é o máis favorecido ao recibir máis de 35 millóns de euros, “a maior asignación desde o Ministerio de Industria”, indicou o alcalde, que reserva “a parte máis importante” para o coche eléctrico, que a factoría de Balaídos fabricará no futuro. “Cremos que a aportación ten en conta as necesidades desta factoría, do automóbil eléctrico e desta cidade”, asegurou Caballero.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: