O BNG na Guarda presenta unha moción polo 8 de marzo: Día Internacional das Mulleres.

 O BNG entende a loita pola igualdade como algo imprescindíbel para avanzar cara unha sociedade xusta. Segundo a responsábel da muller na Guarda,Hortensia García: “É necesario un compromiso serio das institucións públicas coa igualdade. Son estas as que deben levar adiante programas que atendan as demandas das mulleres e loiten contra as discriminacións de xénero”. O BNG ten claro que o 8 de marzo naceu para conmemorar e reivindicar os dereitos das mulleres, polo que lamenta que dende a chegada do PP á Xunta de Galiza a política de igualdade teña un programa regresivo, con drásticos recortes de servizos e dereitos , e que provoca un incremento das desigualdades. Estes recortes son especialmente inxustos cando se ceban coas mulleres en peor situación, como é o caso da desaparición da axuda ás mariscadoras ou as destinadas ás mulleres que sofren violencia de xénero.
A situación de crise económica que estamos a vivir agudiza a posición de desigualdade das mulleres no ámbito laboral, medrando o paro,a precariedade e a discriminación. Ante isto o Goberno do PP non adopta unha soa medida, como redactar un plan de Emprego Feminino. Polo contrario, si son dilixentes cando preparan unha nova Lei de Familias, que semella máis orientada a afianzar o rol tradicional das mulleres que a avanzar no terreo da igualdade.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: