ECONOMÍA E INDUSTRIA ASEMACO

  • O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, inaugurou hoxe a Asemblea da Asociación de Empresarios de Materiais da Construción (Asemaco)
  • As axudas concedidas polo Igape, a empresas do sector, superan o millón de euros, o que supón un incremento do 94%
  • O Instituto incentivou préstamos, neste eido, por case 15 millóns de euros, o dobre que durante o bienio anterior
  • O conselleiro salientou a “oportunidade” que representa a internacionalización para esta rama de actividade e lembrou que existe un Plan de Internacionalización específico para os Sectores de Materiais de Construción (2010-2012) O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, sinalou que a Consellería de Economía e Industria ten incrementado  nun 94% o apoio  as empresas do sector de materiais da construción no que vai de lexislatura, co obxectivo de fomentar as estratexias destinadas a incrementar a súa competitividade e a súa internacionalización como unha “oportunidade de futuro”.Guerra, que fixo estas declaracións na inauguración da Asemblea da Asociación de Empresarios de Materiais da Construción (Asemaco),  destacou que nesta lexislatura, as axudas concedidas a través do Igape ás empresas de materiais de construción superan o millón de euros. O titular de Industria engadiu que o Instituto tamén incentivou préstamos, neste eido, por case 15 millóns de euros, o dobre que durante o bienio anterior para unha rama de actividade da que dependen preto de 3.000 postos de traballo.

Internacionalización

O conselleiro salientou especialmente a “oportunidade” que representa a internacionalización para esta rama de actividade e lembrou que existe un Plan de Internacionalización específico para os Sectores de Materiais de Construción (2010-2012) , co fin de facilitar as exportacións das empresas de materiais de construción. Esta liña de colaboración está chamada a servir para aumentar o coñecemento da oferta exportable galega nos mercados internacionais, fomentar e incrementar a utilización dos seus produtos nos mercados que se identifiquen como obxectivo,  potenciar as relacións comerciais entre a industria e os principais operadores internacionais e, en definitiva, impulsar nun medio prazo as exportacións dos sectores de materiais de construción .
Neste sentido, Guerra apuntou que, desde o comezo da lexislatura, o Goberno galego elaborou un programa integral de apoio ás estratexias de internacionalización das empresas galegas que supuxo un incremento do investimento, neste capítulo, do 118%, chegando aos 28,5 millóns de euros, que sumados aos preto de 20 millóns, orzados para 2011, alcanzan un total de 48,5 millóns, postos a disposición das empresas galegas dispostas a asumir o reto da internacionalización .

Competitividade

Ademais, Asemaco colabora co Igape de maneira específica para incrementar o valor engadido que poden xerar os proxectos colectivos. De xeito que,  desde a Consellería de Economía e Industria, aprobouse subvencionar o 40% dun proxecto para a elaboración de plans estratéxicos e case o 50% do importe dun proxecto de innovación a través da cooperación para incorporar servizos avanzados co fin de mellorar a competitividade das empresas asociadas a Asemaco .

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: