JUÁREZ IMPULSARÁ O PROXECTO DE ACONDICIONAMENTO DA CASA SINDICAL DO CONCELLO PONTEVEDRÉS DE SALVATERRA DE MIÑO

Con esta mellora preténdese recuperar o uso de apoio aos agricultores e mellorar a formación en competencias relacionadas co mundo rural
O edificio precisa dunha reforma case integral para poder adaptala ás novas necesidades do municipio
 O conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez, desprazouse esta tarde até o concello pontevedrés de Salvaterra de Miño para manter unha reunión co alcalde do municipio, Arturo Grandal Vaqueiro, sobre o proxecto de acondicionamento da Casa Sindical co que pretende colaborar o departamento que dirixe Samuel Juárez. 
  O edificio, que naceu como sede da desaparecida Cámara Agraria e que conta con máis de sesenta anos de antigüidade, precisa dunha reforma case integral para poder adaptalo ás novas necesidades. Nesta xuntanza, onde o conselleiro estivo acompañado pola delegada territorial da Xunta en Vigo, Lucía Molares, e o director xeral de Desenvolvemento Rural, Antonio Crespo, analizouse o proxecto de rehabilitación que consiste na instalación de aulas de formación e oficinas, para reunións e para a propia xestión do centro. Nelas facilitarase a posibilidade tamén dun espazo onde capacitar aos centos de veciños e veciñas que se atopan en situación de desemprego e axudarlles a mellorar as súas condicións e competencias de cara ao mercado de traballo.
 Neste senso, a formación en competencias relacionadas co mundo rural é un obxectivo prioritario para o departamento que dirixe Samuel Juárez, condicionante primeiro para levar a cabo esta rehabilitación. 
 Novo uso dotacional
Neste eido, hai que destacar que unha das principias actividades económicas da zona é a viticultura, contando con varias adegas de gran importancia na Denominación de Orixe Rías Baixas. De aí que, a formación relacionada co mundo da enoloxía e os traballos básicos propios da viticultura, sexan dúas das especialidades prioritarias a homologar. Con este proxecto tamén se benefician actividades tales como a xardinería e o acondicionamento de zonas verdes, así como o viveirismo.  
  Os aproveitamentos forestais, a agricultura ecolóxica e as actividades auxiliares en agricultura en xeral, son eidos de coñecemento por promocionar. Na actualidade, un dos espazos da planta baixa deste edificio está sendo empregado para impartir o programa de cualificación profesional relacionado co traballo da madeira e do cal se pretende dar continuidade. 
  O novo uso dotacional que se lle quere dar á Casa Sindical será contribuir á mellora da empregabilidade dos veciños do municipio e ao desenvolvemento de actividades relacionadas co mundo rural. Para a súa rehabilitación integral precisase unha cantidade de 234.445,88€.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: