MATO APOSTA POLA MOBILIDADE INTERNACIONAL DA XUVENTUDE ANTE MÁIS DE 200 MOZOS E MOZAS PROCEDENTES DE GALICIA E DOUTROS PAÍSES

  • A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, inaugurou hoxe o Congreso Internacional da Xuventude, que se celebra con motivo do Ano Internacional da Xuventude
  • Ao acto asisten uns 20 mozos e mozas procedentes doutros países, en concreto, de Italia, Arxentina, Tanzania, Brasil e Portugal
  • Destacou que o Goberno galego foi o primeiro Executivo autonómico en poñer un marcha un proxecto propio de mobilidade, no que xa participaron en 2010 uns 200 mozos e mozas, e que este ano levará a cabo outros 15 intercambios máis
  • A mobilidade é un dos “eixos prioritarios” da Estratexia Xuventude 2013

  A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, apostou hoxe pola mobilidade xuvenil como unha oportunidade para “ampliar horizontes e gañar habilidades dentro das vías non formais de formación, ao adquirir idiomas, coñecementos doutras culturas e asumir responsabilidades”. Así o expuxo hoxe a titular do departamento autonómico ante os máis de 200 mozos e mozas galegas e doutros países que están a participar esta mañá no Congreso Internacional da Xuventude, que se celebra con motivo do Ano Internacional da Xuventude. En concreto, no acto están a participar unhas 20 persoas procedentes doutros países, en concreto, de Italia, Arxentina, Tanzania, Brasil e Portugal. O encontro vai dirixido, principalmente, a informadores xuvenís, a membros de asociacións xuvenís galegas e aos membros das asociacións internacionais. O obxectivo do Congreso é dar a coñecer os programas, recursos e actuacións que ten posto en marcha a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado a nivel de mobilidade e con carácter internacional. De feito, para afondar nesta liña e poder comparar co que se está a facer en diferentes países, o Congreso pecharase cunha mesa redonda na que participarán os representantes internacionais. Dentro das iniciativas propias do departamento autonómico, a conselleira destacou que o Goberno galego foi o primeiro executivo autonómico en poñer en marcha un proxecto propio de mobilidade. En concreto, trátase do programa “ A Xuventude no Mundo”, que permitiu en 2010 que uns 200 mozos e mozas realizaran intercambios xuvenís con entidades de 12 países diferentes. Ademais, para este ano, contémplanse 15 intercambios máis ao abeiro deste programa. Como proba do compromiso da Consellería de Traballo e Benestar coa mobilidade xuvenil, Mato lembrou que Galicia é a cuarta comunidade autónoma con maior número de proxectos aprobados no marco do programa europeo “Xuventude en Acción”. En concreto, durante 2010, a Xunta coordinou 55 iniciativas dentro deste programa europeo, nas que participaron máis de 1.000 mozos e mozas. Ademais, o programa Mogal 2010-2011 permitirá este ano que uns 200 mozos e mozas realicen prácticas laborais de 12 semanas de duración en 5 países europeos. Isto supón duplicar, este ano, as prestacións do programa Leonardo Da Vinci de anos anteriores, que en 2010 mobilizou a algo máis de 100 persoas. Hai que destacar, tamén, que a Xunta incrementou as prazas nos campos de traballo internacionais, ao pasar de 240 en 2010 a 260 en 2011. Todas estas actuacións, resaltou Mato, inscríbense na relevancia que a Consellería de Traballo e Benestar outorga á mobilidade xuvenil, un compromiso que se reflicte na Estratexia Xuventude 2013, na que a mobilidade é un dos seus eixos prioritarios.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: