O MUSEO DO MAR DE GALICIA ACOLLE A PRESENTACIÓN DO LIBRO "EL CAPITÁN DE PESCA Y EL BACALAO

 Recolle as experiencias en Terranova do capitán Lázaro Larzábal ao longo de cinco décadas
 A autora, a antropóloga Rosa García-Ollerán, estará acompañada polo capitán protagonista e polo ex conselleiro de Pesca, Enrique López-Veiga
  O Museo do Mar de Galicia acolle mañán ás 20.00 h. no seu Salón de Actos a presentación do libro El capitán de pesca y el bacalao, de Rosa García-Orellán, profesora de Antropoloxía Social e Cultural na Universidade Pública de Navarra.
O libro recolle as experiencias de Lázaro Larzábal, capitán de bacaladeiros en Terranova dende as épocas douradas dos anos cincuenta ata a súa retirada en 2008. Son máis de cinco décadas que lle sirven a García-Orellán como fío conductor para describir a vida a bordo, os accidentes, as mortes, a búsqueda ás veces anguriante do bacallao e mesmo os motíns. El capitán… é tamén unha reflexión sobre as explotación dos recursos mariños, sobre a cultura do pescador e sobre as posicións de biólogos, armadores e administración. Todas esas voces conducen no libro ata a o ano 2008, cando Lázaro Larzábal retírase e os mercados globalizados da pesca obrigan a un cambio de paradigma.
A autora estará acompañada na presentación polo propio Lázaro Larzábal e o biólogo e ex conselleiro de Pesca, Enrique López-Veiga, ademáis do director do Museo do Mar, Pablo Carrera.
Un especialista en Terranova
De orixe galega, Rosa García-Orellán, doutora en Antropoloxía Social e Cultural pola Universidade do País Vasco, ten investigado a pesca do bacallo en Terranova tanto en portos da península como en portos canadienses como Saint Pierre. Froito destes anos de traballo son os libros Homes de Terranova ou Terranova: The Spanish Cod Fishery on the Grand Bands of Newfoundland in the Tweintieth Century (Brown Walker Press FL. USA). Dirixiu tamén en 2007 o libro colectivo Canadá y la Unión Europea, e foi comisaria da exposición internacional Rumbo al Gran Banco, ademais de escribir innumerables artigos sobre esta materia.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: