Archivo | marzo 10, 2011

Noticias Ayuntamiento de Vigo – Galicia 10-03-11


Abel Caballero agradece a “enorme cooperación dos veciños” na humanización de Cesáreo Vázquez, cun investimento de 900.000 euros

O alcalde de Vigo acudíu hoxe xoves á inauguración da rúa Cesáreo Vázquez, con “máis de quilómetro e medio” de lonxitude e case 900.000 euros de investimento municipal. Caballero agradeceu aos veciños a súa “enorme cooperación” ao ceder terreo para ampliar o vial e construir beirarrúas, e subliñou a mellora que supuxo esta reforma na seguridade para peóns e vehículos.

 


O alcalde participa na celebración do Día Mundial do Ril na carpa informativa instalada en Príncipe

Abel Caballero visitou este xoves a carpa informativa instalada na rúa do Príncipe pola Fundación Renal “Íñigo Álvarez de Toledo” con motivo do Día Mundial do Ril, onde persoal especializado mide a presión arterial e os niveis de azucre en sangue a todos aqueles que se acheguen. A carpa está habilitada durante a xornada de hoxe, en horario de mañá e de tarde. O alcalde sumouse á concienciación cidadá sobre as patoloxías e a súa prevención.

 


Tenencia e Benestar destinan 150.000 euros a cinco entidades que xestionan comedores e reparten alimentos

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, presentou este xoxes os convenios bianuais asinados pola Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Benestar Social coas asociacións Afán, Casa da Caridade, Vida Digna, Hermanos Misioneros e Banco de Alimentos, ás que se lles destinan un total de 150.000 euros. O nacionalista salientou o labor que fan estas entidades na xestión de comedores e reparto de alimentos nunha situación de crise como a actual colaborando coa administración para dar resposta ás necesidades das persoas.

 


Patrimonio Histórico propón visitas guiadas a Pereiró como complemento á mostra de Castrelos sobre a historia de Vigo

O concelleiro de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez, presentou este xoves o programa de actividades didácticas complementarias á exposición “Vigo, século XIX: o nacemento dunha cidade”, recentemente inaugurada no Museo da Cidade “Quiñones de León”. O concelleiro nacionalista salientou que as visitas guiadas ao cemiterio de Pereiró que integran a proposta, dunha hora de duración e gratuítas, son un “elemento ilustrador da historia da cidade”, xa que nel se atopan monumentos adicados ás figuras sobranceiras de Vigo desa época.

MATO SALIENTA QUE A XUNTA AUMENTOU EN MÁIS DUN 200 POR CENTO A ATENCIÓN A DEPENDENTES CON RESPECTO Á ETAPA ANTERIOR

  • A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, respondeu hoxe no Parlamento a unha pregunta sobre o estado da aplicación da Lei de Dependencia en Galicia
  • Destacou que a atención aos dependentes galegos é unha prioridade da Xunta de Galicia
  • Neste compromiso, inscribiu o incremento dos orzamentos en materia de dependencia nun 3 por cento, fronte a rebaixa do Estado nun 5 por cento
  • Ademais, o Goberno galego destinou en 2010 máis de 25 millóns de euros a axuda a domicilio que executan aos concellos, o que representa un incremento do 113 por cento no que vai de lexislatura Leer Más…

The Rabbit Stones en La Pecera Sabado 12 de marzo a las 22:30.

The Rabbit Stones se forman en octubre de 2010 por varios músicos de la escena rock viguesa para rendir culto en los escenarios a la celebérrima banda inglesa The Rolling Stones.
Entre los componentes de los Rabbit Stones están varios miembros de Foggy Mental Breakdown: Paulo (Guitarra solista y coros), Pavolo (bajo), Xabi (Piano y Órgano Hammond). A la batería se sienta Miky, la guitarra rítmica y los coros están a cargo de Calo (también miembro de The Churumbells) y la voz cantante es Nando (que junto con Calo formó parte de la parecida banda de Hard Rock 70s Long Dong Silver). Este proyecto surgió como una reunión entre amigos años atrás para un concierto durante las Navidades de 2003 en la, ya desaparecida, sala de rocanrol Hanoi (actual Lolita). La formación actual ya ha visitado los escenarios de la Sala Mogambo y La Iguana Club, resucitando clásicos de los Stones y Chuck Berry. Tras la buena acogida por parte del público vuelven a los escenarios, esta vez en La Pecera (c/ Pizarro, 35) el próximo Sábado 12 de marzo a las 22:30.

ACLARACIÓN DA CIG AOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN – Vigo

Con motivo da rolda de prensa convocada hoxe en Pontevedra por Cándido Sartier Boubeta, a Confederación Intersindical Galega quere facer as seguintes aclaracións  -Esta persoa xa non é secretario comarcal da CIG-Saúde de Pontevedra. Na actualidade atópase sometida a un proceso disciplinario interno, polo que non é unha voz autorizada para facer declaracións públicas en nome da central. -A nova secretaria comarcal da CIG-Saúde de Pontevedra é Silvia Pisos Otero. Deberá ser ela ou o novo responsábel de Comunicación, Xermán Rouco Llanderrozas, os que trasladen aos medios os posicionamentos do sindicato.

Silvia Pisos Otero, secretaria comarcal CIG-Saúde de Pontevedra: 660 405 212.  Xermán Rouco Llanderrozas, responsábel de Comunicación: 639 422 295.

O MUSEO DO MAR DE GALICIA ACOLLE A PRESENTACIÓN DO LIBRO "EL CAPITÁN DE PESCA Y EL BACALAO

 Recolle as experiencias en Terranova do capitán Lázaro Larzábal ao longo de cinco décadas
 A autora, a antropóloga Rosa García-Ollerán, estará acompañada polo capitán protagonista e polo ex conselleiro de Pesca, Enrique López-Veiga Leer Más…