2º Obradoiro Literario "Nós tamén escritoras" – Vigo
Desde a concellería de Igualdade lembramos que o vindeiro mércores 16 de marzo dará comezo o 2º OBRADOIRO LITERARIO “NÓS TAMÉN ESCRITORAS” no Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo e aínda segue aberto o prazo de inscrición para aquelas mulleres que teñan interese en participar Obxectivos: Actividade formativa centrada na escrita literaria enfocada dende unha perspectiva lúdica e participativa. Dende o primeiro instante as participantes estarán creando textos literarios que serán publicados electronicamente ao remate da actividade. Todas as mulleres asistentes recibirán como agasallo dous volumes de obras escritas por mulleres do catálogo Galaxia. Destinatarias : Mulleres empadroadas en Vigo, con idades comprendidas entre os 18 e 30 anos de idade, que teñan a ilusión de principiarse como escritoras, ou saber como pensan as/os que escriben.
Contidos:
Obradoiro de escrita creativa
A práctica do relato breve
Crear personaxes
Obradoiros de poesía
Calendario Marzo: mércores 16 e 23 de 10:00 a 12:00 h
INSCRICIÓNS : na Concellería de Igualdade a través do Tlf. 986 810 284 ou persoalmente na 1ª planta do Concello de Vigo, por orde de inscrición e ata cubrir as prazas en cada un dos obradoiros Número de prazas: 15 en cada obradoiro