EXTINGUIDO UN LUME FORESTAL REXISTRADO NO CONCELLO PONTEVEDRÉS DE MONDARIZ
- Segundo as primeiras estimacións provisionais, a superficie afectada é de 25 hectáreas
- A Consellería do Medio Rural informa da extinción dun lume forestal no municipio pontevedrés de Mondariz. O lume, rexistrado na parroquia de Sabaxáns, iniciouse hoxe, venres, ás 10:20 horas e deuse por extinguido ás 19:40 horas desta tarde. Nunha primeira valoración provisional, a superficie afectada é de 25 hectáreas, das cales 23 son de monte raso e 2 de arborado. Nos traballos de extinción deste lume traballaron 5 axentes forestais, 6 brigadas, 5 motobombas, 1 pala, 1 helicóptero e 4 avións.