JAVIER GUERRA SALIENTA O APOIO FINANCEIRO DA XUNTA QUE FIXO POSIBLE A CONSTRUCIÓN DO BUQUE “NORTH SEA GIANT” COA TECNOLOXÍA NAVAL MÁIS AVANZADA

  • http://www.youtube.com/watch?v=4FISKsyHxo4
  • O conselleiro de Economía e Industria participou hoxe no acto de entrega e bautizo do buque off-shore “North Sea Giant  construído por MetalShips&Docks
  • Guerra destacou que a Xunta mostrou a súa “confianza no proxecto de estaleiro vigués avalándoo con 5 millóns de euros”
  • O Goberno galego destinou máis de 80 millóns ao respaldo financeiro de diferentes compañías do naval galego, no que vai de lexislatura
  • Guerra adiantou que a Xunta traballa no deseño da estratexia NaGal XXI para coordinar, de maneira eficaz, os traballos de impulso á construción naval
  • O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, participou no acto de entrega á navieira  North Sea Shipping do buque “North Sea Giant “, no que destacou que o apoio financeiro da Xunta de Galicia ao estaleiro MetalShips&Docks  fixo posible a construción deste off-shore coa “tecnoloxía naval mais avanzada”. O titular de Economía e Industria salientou que “a Xunta mostrou  a súa confianza no proxecto de estaleiro vigués MetalShips&Docks, avalándoo con 5 millóns de euros, o que supuxo a garantía dunhas 500.000 horas de traballo e o mantemento de preto de 250 empregos”.Javier Guerra destacou que desde “a Consellería de Economía e Industria mantense un compromiso co sector naval, que se fai visible no decidido apoio prestado ás súas industrias, tanto desde o punto de vista financeiro, como no impulso á innovación no sector”. “De feito –apuntou o conselleiro-, en total destináronse máis de 80 millóns ao respaldo financeiro de diferentes compañías, un apoio que permite ao sector encarar o futuro con expectativas reais de mellora e mesmo coa perspectiva de comezar importantes proxectos e abrir posibilidades innovadoras” . Ademais, Guerra adiantou que a Xunta , nunha dinámica de plena colaboración con todas as ramas de actividade do sector, traballa no deseño da estratexia NaGal XXI para coordinar, de maneira eficaz, os traballos de impulso á construción naval. “Trátase de afianzar as operacións actuais e garantir o seu futuro; á vez que traballamos para mellorar as dinámicas empresariais nunha industria tractora e auxiliar, que debe definirse como excelente”, concluíu.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: