A SECRETARÍA XERAL DE MODERNIZACIÓN RENOVARÁ ENTRE MARZO E ABRIL PRETO DE 1.000 ORDENADORES EN EDIFICIOS XUDICIAIS DA CORUÑA, VIGO E SANTIAGO

Unha das medidas enmarcadas no Plan Senda 2014 que ten como obxectivo modernizar a Xustiza a través da plena integración das TIC.-

  • Ao longo do ano substituiranse uns 1.500 equipos ofimáticos cunha antigüidade superior aos cinco anos
  • Con esta actuación actualízase o 87% do postos de traballo das sedes xudiciais galegas
  • No 2010 levouse a cabo a renovación de máis de 660 PCs nas vilas

.- A Secretaría Xeral de Modernización iniciou este mes a renovación de 934 PCs nos postos de traballo ubicados nas sedes xudiciais das cidades da A Coruña, Santiago e Vigo. A substitución destes equipos rematará a finais do mes de abril.  A substitución dos 934 equipamentos ofimáticos iniciouse a primeiros de mes no edificio do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e na Audiencia da Coruña. Nesta cidade o proceso de renovación continuará no Edificio dos Xulgados, na Audiencia Provincial e no edificio Anexo a Audiencia, nos postos de usuario do Edificio Proa, Rexistro Civil e na sede do Instituto de Medicina Legal de Galicia (Imelga) na Coruña. Nesta cidade substituiranse 492 equipos. Unha vez completado o cambio na Coruña iniciarase o mesmo proceso no Edificio dos Xulgados de Santiago, onde está previsto rematar a principios de abril a substitución de de 151 equipos.  Ao longo do vindeiro mes serán máis de 316 os postos de traballo os que se renovarán no Edificio Vello dos Xulgados e na Audiencia de Vigo. Dotar de equipamento e medios axeitados aos profesionais da Xustiza en Galicia é un dos obxectivos do Plan Senda 2014. Unha liña de actuación que xa se puxo en marcha o pasado ano  renovándose 660 equipos ofimáticos  cunha antigüidade superior a 5 anos nas vilas. En 2011 a renovación do parque ofimático este ano continúa nas cidades, o que suporá o cambio duns 1.500 equipos Plan Senda O Plan Senda 2014 establece a folla de ruta para implantar de xeito efectivo as TIC na Xustiza e conta cun orzamento de 34 millóns de euros. No marco deste Plan o  Goberno galego destinou máis de 4,8 millóns de euros entre 2009 e 2010 á modernizar a Xustiza desenvolvendo unha serie de actuacións orientadas a consolidar unha infraestrutura tecnolóxica e de servizos robusta e fiable que permita avanzar na integración das novas tecnoloxías no eido xudicial.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: