O BNG considera preocupante a situación actual do Ferry A Guarda-Caminha

“O BNG ven reclamando que se tomen medidas para que o servizo do ferry siga sendo unha realidade”

A Guarda, 9 marzo 11. O Bloque Nacionalista Galego está profundamente preocupado polos problemas de calado que están afectando ao funcionamento regular do transbordador entre A Guarda – Caminha.
A suspensión parcial do servizo está sendo unha constante. Durante esta semana tense producido todos os días a iso do medio día, co cal afecta de xeito serio ao horario do servizo, cos trastorno que iso xera aqueles que queren utilizar esta vía de comunicación fluvial.
Segundo expertos as previsións non son mellores dado que para a Semana Santa, debido a natureza das mareas, as paradas poderían ser máis prolongadas.
Esta situación ven dada pola falta de medidas para a habilitación da canle de navegación da embarcación que ten que dar o servizo entre a Guarda e Caminha.
O BNG ven reclamando que se tomen medidas para que o servizo do ferry siga sendo unha realidade, habilitando medidas de dragado compatíbeis coa actividade dos pescadores do río Miño e sen descoidar a riqueza ambiental da zona, co caso omiso das administracións públicas.
“As diferentes reclamacións que dende o BNG temos realizado, chocan coa laxitude do Concello, co pasotismo do Goberno central e a total inhibición da Xunta; deixando claro ao pobo da Guarda cal é o interese destas administracións no mantemento do servizo” comentou Xan Lois, portavoz municipal do BNG na Guarda.
O BNG segue a un compromiso firme e real por parte das administracións públicas tal é como ven reclamando a formación nacionalista dende bastante tempo.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: