Pilar García Negro ensalza a figura de Rosalía de Castro no acto de Comisión da Muller do BNG

                                                    

 

 

 

 O pasado venres a Comisión Comarcal da muller do BNG no Baixo Miño celebrou un acto conmemorativo polo Día Internacional da Muller no Centro Cultural da Guarda.
 O acto foi presentado por Hortensia García, Responsábel de Muller do BNG na Guarda, quen explicou a posición da organización nacionalista en materia de igualdade. “O BNG asume a loita pola igualdade como un compromiso democrático, imprescindíbel para avanzarmos cara unha sociedade xusta. Non é tolerábel que a metade da poboación sufra discriminacións e se limite o exercicio dos seus dereitos” manifestou. Durante a súa intervención tamén fixo referencia ás actuais políticas de igualdade da Xunta de Galiza: “Lamentabelmente, coa chegada do PP á Xunta de Galiza, estase aplicando un programa regresivo, con efectos negativos para os dereitos e as condicións de vida das mulleres.”
A continuación Pilar García Negro presentou ante o numeroso público asistente o seu libro “O clamor da rebeldía. Rosalía de Castro: ensaio e feminismo” que foi galardoado co premio Vicente Risco de Ciencias Sociais 2010. Durante a súa exposición fixo un repaso da obra e biografía de Rosalía. Ofreceu unha visión da escritora alonxada dos tópicos e estereotipos habituais presentándoa como “inauguradora do ensaio na literatura galega contemporánea, comprometida con Galiza e primeira escritora defensora da conciencia de xénero no noso país”.
O acto rematou coa actuación do cantautor guardés Tino Baz e do grupo de pandereteiras Tambaluca.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: